Masatoshi Koshiba

físico xaponés

Masatoshi Koshiba (en xaponés: 小柴 昌俊, こしば まさとし), nado en Toyohashi (Prefectura de Aichi) o 19 de setembro de 1926 e finado o 10 de novembro de 2020,[1] foi un físico xaponés.

Infotaula de personaMasatoshi Koshiba

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ja) 小柴 昌俊 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de setembro de 1926 Editar o valor em Wikidata
Toyohashi, Xapón Editar o valor em Wikidata
Morte12 de novembro de 2020 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
Toquio, Xapón Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón (1947–)
Imperio do Xapón (1926–1947) Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Toquio
Universidade de Rochester (pt) Traducir
Universidade de Meiji (pt) Traducir
Kanagawa Prefectural Yokosuka High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseSin-Itiro Tomonaga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica de partículas e astrofísica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísico , catedrático , investigador Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Hamburgo
Tokai University (en) Traducir
KEK (pt) Traducir
Universidade de Toquio
HFBS (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua xaponesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoAtsuto Suzuki (en) Traducir, Takaaki Kajita e Yoji Totsuka (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: 小柴-1

Traxectoria editar

Doutorouse en física na Universidade de Rochester, Nova York, no ano 1955. Pasou a ser investigador asociado na Universidade de Chicago e logo paso á Universidade de Toquio.

Gañou o Premio Nobel de Física en 2002 xunto con Raymond Davis Jr e Riccardo Giacconi, polas súas contribucións pioneiras en astrofísica, en particular pola detección de neutrinos cósmicos.

Na década de 1980 Koshiba, continuando os traballos iniciados polo químico norteamericano Raymond Davis Jr., vai construír un detector soterráneo de neutrinos nunha mina de cinc, na Prefectura de Gifu, no Xapón central, Kamiokande II, un tanque enorme de auga (3000 toneladas, a 1000 m de profundidade) rodeado por detectores electrónicos (tubos fotomultiplicadores) para detectar os fluxos de luz que se producen cando os neutrinos interaccionan reciprocamente cos núcleos atómicos en moléculas de auga. Confirmou os resultados de Davis, de que o Sol produce neutrinos e que se atoparon menos dos que se agardaba.

En 1987 Koshiba atopou neutrinos na explosión dunha supernova na Gran Nube de Magalláns. En 1996 cun detector máis sensible, Super-Kamiokande, Koshiba atopou evidencias do que os científicos xa sospeitaban, os neutrinos, dos cales se coñecen tres tipos, cambian de tipo no seu desprazamento a través do espazo.

Notas editar

  1. "Japanese physicist Masatoshi Koshiba, 2002 Nobel Prize laureate, dies at 94". Mainichi Daily News (en inglés). 2020-11-13. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2020. Consultado o 2020-11-13.