Mary Karooro Okurut

escritora e política ugandesa


Mary Busingye Karooro Okurut, nada en Bushenyi o 8 de decembro de 1954, é unha profesora, escritora e política de Uganda, máis coñecida como Mary Karooro Okurut. Desde xuño de 2016 traballa na oficina do Primeiro Ministro de Uganda.[1]

Infotaula de personaMary Karooro Okurut

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de decembro de 1954 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Bushenyi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro do Parlamento do Uganda (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaKampala Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeUganda Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Makerere (pt) Traducir
Trinity College Nabbingo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , política Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1981 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoMovimento de Resistência Nacional (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fixo a educación primaria e secundaria en Bweranyangi. En 1972 ingresou no Trinity College Nabbingo para comezar a educación superior. Entre 1974 e 1977 estudou Artes na Universidade Makerere, especializándose en Literatura. En 1981 rematou un mestrado sobre Literatura na mesma universidade, e en 1982 recibiu unha diplomatura en Educación pola mesma institución.[2] Ao tempo, comezou a traballar como lectora no Departamento de Literatura, onde estivo até 1993.

Entre 1994 e 1996 foi secretaria de prensa do Vicepresidente de Uganda. Entre 1996 e 1999 estivo na Comisión do Servizo de Educación no Ministerio de Educación, e entre 1999 e 2004 foi secretaria de prensa do Presidente de Uganda. En 2004 foi elixida como cargo político.[3] no Parlamento de Uganda polo Distrito de Bushenyi representando o Movemento de Resistencia Nacional.

De maio de 2013 a maio de 2015 traballou no Ministerio de Información.[4] Entre 2012 e 2015 traballou no Ministerio de Xénero e Asuntos Sociais, en substitución de Syda Bumba, que dimitira do cargo. Do 1 de marzo de 2015 ao 6 de xuño de 2016 traballou no Ministerio de Seguridade Nacional, substituíndo Wilson Muruli Mukasa cando este foi nomeado Ministro de Xénero e Asuntos Sociais.[5]

Antes de iniciar a súa carreira política Okurut era coñecida pola súa contribución á literatura de Uganda. En 1995 foi unha das fundadoras de FEMRITE, Asociación de Mulleres Escritoras de Uganda[6].

Vida persoal editar

Casou con Stanislaus Okurut, con quen tivo cinco nenos e tres nenas, e ficou viúva o 5 de abril de 2014. É de relixión protestante[7][8]

Obra editar

  • The curse of the sacred cow (1994)
  • The Invisible Weevil (novela, 1998)
  • The Official Wife (novela, 2003)

Participación en obras colectivas editar

  • A Woman's Voice (relatos, 1998)[9]

Notas editar

  1. Uganda State House (6 de xuño de 2016). "Museveni’s new cabinet list At 6 June 2016" (PDF). Daily Monitor (Kampala). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de outubro de 2016. Consultado o 6 de xuño de 2016. 
  2. "Mary Karooro Okurut: Woman Representative Bushenyi District". Parlamento de Uganda. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2014. Consultado o 10 de abril de 2014. 
  3. "Mary Karooro Okurut: Work History 1981 to 2004". Parliament of Uganda. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2014. Consultado o 10 de abril de 2014. 
  4. "Mary B. Karooro Okurut". Public Relations Association of Uganda (PRAU). Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2014. Consultado o 10 de abril de 2014. 
  5. Uganda State House (1 de marzo de 2015). "Full Cabinet List As At 1 March 2015" (PDF). Daily Monitor. Kampala. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de xullo de 2017. Consultado o 28 de agosto de 2019. 
  6. "History of FEMRITE". Uganda Women Writers' Association. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2014. Consultado o 10 de agosto de 2014. 
  7. Frederic Musisi (5 de abril de 2014). "Former Transport minister, Stanislaus Okurut Is Dead". Daily Monitor. Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2014. Consultado o 10 de abril de 2014. 
  8. Mary Karugaba (9 de abril de 2014). "MPs Pay Tribute to Stanislaus Okurut". New Vision. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2014. Consultado o 10 de abril de 2014. 
  9. "Books Authored or Edited by Mary Karooro Okurut". African Books Collective. Consultado o 10 de abril de 2014.