Mary Harris Jones

Mary Harris "Mother" Jones, nada no ano 1837[1][2] en Cork e finada o 30 de novembro de 1930, foi unha mestra e costureira de orixe irlandesa que se converteu nunha importante figura da organización sindical e comunitaria nos Estados Unidos de América. Axudou a coordinar importantes folgas e foi cofundadora do Industrial Workers of the World.

Mary Harris Jones
Nome completoMary Harris Jones
Alcume"Mother" Jones
Nacementobautizada o 1 de agosto de 1837
Lugar de nacementoCork, Irlanda Irlanda
Falecemento30 de novembro de 1930 (93 anos)
Lugar de falecementoAdelphi, Maryland, Estados Unidos de América Estados Unidos
SoterradaUnion Miners Cemetery
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Estados Unidos de América
Ocupaciónmestra, sindicalista, Activista polos dereitos humanos, escritora, sindicalista e community organizer
PremiosNational Women's Hall of Fame e Labor Hall of Honor
Na rede
Musicbrainz: 7b52e2c7-627d-4c65-964e-c1b10c58de7e WikiTree: Harris-1911 Find a Grave: 552 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jones traballou como mestra e costureira, mais trala morte do seu home e os seus catro fillos por febre amarela en 1867 e a destrución do seu obradoiro de costura no Grande incendio de Chicago de 1871, comezou a súa labor sindicalista para Knights of Labor e United Mine Workers.[3] Dende 1897 á idade de 60 anos, comezou a ser coñecida como Mother Jones. En 1902 foi chamada "a muller máis perigosa de América" polo seu éxito na organización dos mineiros e as súas familias contra os propietarios das minas. En 1903, para protestar pola neglixente aplicación das leis do traballo infantil nas minas e fábricas de seda de Pensilvania, organizou unha marcha de nenos dende Filadelfia até a residencia do presidente Roosevelt en Nova York.[4]

A revista Mother Jones, estabelecida en 1976, leva o seu nome.

Notas editar

  1. "Cork Mother Jones Festival". Consultado o 4 de outubro de 2017. 
  2. "Mother Jones". Consultado o 4 de outubro de 2017. 
  3. Gorn, Elliot J. (2002). Hill and Wang, ed. Mother Jones: The Most Dangerous Woman in America. Nova York. p. 4. ISBN 978-0809070947. 
  4. explorepahistory.com (ed.). "Mother Jones leading a protest, circa 1903.". Consultado o 4 de outubro de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar