Martin Buber, nado en Viena en 1878 e finado en Xerusalén en 1965, foi un filósofo e escritor xudeu.

Infotaula de personaMartin Buber

(década de 1940) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de febreiro de 1878 Editar o valor em Wikidata
Viena (Imperio Austrohúngaro) Editar o valor em Wikidata
Morte13 de xuño de 1965 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Xerusalén, Israel Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaMonte dos Descansos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Austrohúngaro
República de Weimar
Israel Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaAnarquismo e Humanismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Viena
Universidade de Zúric
Universidade Humboldt de Berlín
Universidade de Leipzig Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoOntoloxía, xudaísmo, filosofía, literatura, tradución e sistema educativo Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Xerusalén Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , crítico literario , profesor universitario , tradutor da Biblia , educador , escritor , tradutor , pedagogo , existencialista (pt) Traducir , sionista (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Período de tempoFilosofía contemporánea Editar o valor em Wikidata
EmpregadorDie Welt (en) Traducir, editor colaborador (1901–1902)
Universidade Hebrea de Xerusalén
Universidade de Frankfurt Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoFilosofía occidental Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua hebrea, lingua alemá, lingua polaca e Lingua yiddish Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxePaula Buber (en) Traducir (1907–1958) Editar o valor em Wikidata
FillosRafael Buber (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesSalomon Buber (en) Traducir (avó)
Nelly Braude-Buber (en) Traducir (paternal half-sister (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webbuber.de Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm5049932 iTunes: 183858254 Musicbrainz: e2da2f39-6074-4015-aada-fea2f2ae8b84 Discogs: 1366211 WikiTree: Buber-2 Find a Grave: 9454943 Editar o valor em Wikidata
Martin Buber.

Traxectoria editar

Pasou boa parte da infancia co seu avó, un erudito na tradición e literatura xudía, en Lviv (Ucraína), tras unha crise relixiosa comezou a ler a Kant e Nietzsche. En 1896 marchou a estudar a Viena e en 1898 uniuse ao movemento sionista. En 1902 converteuse no editor do semanario Die Welt, o órgano oficial do sionismo e a partir de 1903 comezou a interesarse polo hasidismo. O ano seguinte, Buber deixou o traballo na organización sionista para se dedicar a estudar e escribir.

En 1906 publicou Die Geschichten des Rabbi Nachman, unha colección dos contos do rabino hasidí Nachman de Breslau, pero interpretados e reescritos para unha especie de neohasidismo. En 1908 publicou Die Legende des Baalschem, historias Baal Shem Tov, o fundador do hasidismo.

Entre 1910 e 1914 Buber estudou mitos e publicou edicións de textos míticos. Durante a primeira guerra mundial axudou a establecer a Comisión Nacional Xudía para mellorar as condicións dos xudeus de Europa oriental, e foi o editor da revista Der Jude ata 1924. En 1922 Buber e Franz Rosenzweig abriron a Freies Jüdisches Lehrhaus.

En 1923 escribiu a súa obra máis coñecida Ich und Du (Eu e máis ti), e en 1925 con Rosenzweig comezou a traducir a Biblia hebrea ao alemán.

En 1930 Buber converteuse en profesor honorario da Universidade de Frankfurt, pero á chegada dos nazis ao poder prohibíronlle dar leccións nela. En resposta á prohibición para os xudeus de acudir á educación pública fundou a Oficina central para a educación dos xudeus adultos.

En 1938 deixou Alemaña e asentouse en Xerusalén, onde entrou na Universidade Hebrea de Xerusalén e participou na discusión dos problemas dos xudeus en Palestina e na cuestión árabe. Militou no grupo moderado Ichud, que reclamaba un estado binacional para árabes e xudeus en Palestina.

En 1963 foi galardoado co Premio Erasmus.[1]

Notas editar

  1. Fundación Praemium Erasmianum (ed.). "Former Laureates - Praemium Erasmianum". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2019. Consultado o 9 de novembro de 2015.