Martha Argerich

pianista arxentina

Martha Argerich, nada en Buenos Aires o 5 de xuño de 1941, é unha pianista arxentina de música clásica, considerada un dos maiores expoñentes da súa xeración e da posguerra. Especialmente celebrada polas súas interpretacións de Chopin, Liszt, Bach, Schumann, Ravel e Prokofiev.

Infotaula de personaMartha Argerich

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xuño de 1941 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpianista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1945 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor em Wikidata
ProfesoresVincenzo Scaramuzza (en) Traducir, Friedrich Gulda e Arturo Benedetti Michelangeli (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua francesa, lingua inglesa, lingua italiana, lingua alemá e lingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoDeutsche Grammophon
EMI Classics
Philips Classics Records (pt) Traducir
Philips
EMI
Decca Records Editar o valor em Wikidata
Participou en
VII International Chopin Piano Competition (en) Traducir (1ª)
Athens Epidaurus Festival (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeStephen Kovacevich (pt) Traducir (1974–)
Charles Dutoit (pt) Traducir (1969–1973)
Chen Liang-Sheng (en) Traducir (–1964) Editar o valor em Wikidata
FillosLyda Chen-Argerich (pt) Traducir
 () Chen Liang-Sheng (en) Traducir
Stéphanie Argerich (pt) Traducir
 () Stephen Kovacevich (pt) Traducir
Annie Dutoit (pt) Traducir
 () Charles Dutoit (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1366374 Allocine: 609595 Allmovie: p2166
Facebook: Martha-Argerich-41764909656 Spotify: 66MvLAvLznk5UOvASVGjk4 iTunes: 319607 Last fm: Martha+Argerich Musicbrainz: 3bb8b89e-5700-4d7a-aa0b-d48f8706831d Songkick: 207526 Discogs: 832905 Allmusic: mn0000763650 Deezer: 72019 Editar o valor em Wikidata
Argerich, 2015.

Traxectoria editar

Martha Argerich naceu en Buenos Aires o 5 de xuño de 1941. Comezou a estudar piano dende moi pequena, e no 1945, con só catro anos de idade deu o seu primeiro recital público. No seu primeiro concerto formal aos oito anos de idade, interpretou o Concerto para piano opus 15 de Beethoven, e comezou a estudaar con Vicente Scaramuzza, tamén mestre -entre outros- de Bruno Gelber.

No ano 1955 o Presidente arxentino Juan Domingo Perón enviou ó seu pai como agregado económico da embaixada en Viena para que Martha tivese a mellor educación musical posible. Alí estudou con Friedrich Gulda, e máis tarde, en Xenebra, con Madeleine Lipatti e Nikita Magaloff.

“...Tenía un poco más de 12 años, había tocado en el Colón y Perón me había dado una cita en la residencia presidencial. Mamá preguntó si podía acompañarme y le dijeron que sí, por supuesto. Yo no era muy peronista; me acuerdo de que siempre estaba pegando por todos lados papelitos que decían ‘Balbín-Frondizi’. Él nos recibió y me preguntó: ‘¿Y adónde querés ir, ñatita?’. Y yo quería ir a Viena, para estudiar con Friedrich Gulda. A él le gustó que no quisiera ir a Estados Unidos. Lo más cómico fue que mi mamá, para congraciarse, le dijo que a mí me encantaría tocar un concierto en la UES. Y parece que yo debo haber puesto una cara bastante reveladora de que la idea no me gustaba porque Perón le empezó a seguir la corriente a mamá, diciéndole «por supuesto señora, vamos a organizarlo», mientras me guiñaba un ojo y, por debajo de la mesa, me hacía con un dedo que no. El la estaba cargando a mamá y a mí me tranquilizaba. Se dio cuenta de que yo no quería. Fantástico, ¿no? Y le dio un trabajo a mi papá. Lo nombró agregado económico en Viena. Y a mamá le dijo que le parecía que ella también era muy inteligente, emprendedora y capaz y le consiguió otro puesto en la embajada”
Martha Argerich, na revista Clásica nº 133, Buenos Aires, 1999.

Argerich casou tres veces: a primeira con Robert Chen, pai da súa filla máis vella, Lyda. Dende 1969 a 1973 estivo casada co director de orquestra Charles Dutoit, que continúa facendo gravacións e concertos coa pianista, e con quen tivo a súa segunda filla, Annie. O seu terceiro marido foi o pianista Stephen Kovacevich, pai da súa terceira filla, Stephanie.

Un dos seus amigos máis próximos é o pianista brasileiro Nelson Freire, que a acompaña frecuentemente en dúos de piano.

Argerich reside habitualmente en Bruxelas.

A súa relativa aversión á prensa e á publicidade mantivérona fóra do primeiro plano dos medios durante a maioría da súa carreira profesional. Deu poucas entrevistas e en consecuencia pode non ser tan coñecida como outros pianistas de relevancia similar. Aínda así, é recoñecida como unha das grandes virtuosas do piano do noso tempo.[1]

Carreira profesional editar

En 1957, gañou dous prestixiosos concursos de piano con tres semanas de diferenza. Máis tarde, en 1965 obtivo o primeiro premio no Concurso Internacional de Piano Frédéric Chopin, recoñecida polas súas interpretacións de Chopin e Liszt.

En varias reportaxes, Argerich remarcou o seu sentimento de soidade no escenario durante a interpretación, e -quizais por iso- realizou moi poucos recitais de piano solista despois de 1980, centrándose en concertos para piano e orquestra, música de cámara e acompañamento instrumental en sonatas.

Foi recoñecida especialmente polas súas interpretacións de compositores clásicos do século XX, tales como Rachmaninov, Messiaen e Prokofiev. Unha das súas gravacións máis notables reúne o Concerto para piano n.º 3 de Rachmaninov co Concerto para piano n.º 1 de Tchaikovsky.

Obtivo tres premios Grammy, nos anos 2000, 2005 e 2006.

Anualmente no Teatro Colón de Buenos Aires lévase a cabo o Festival Martha Argerich, no cal se ofrecen concertos por músicos e intérpretes de diferentes partes do mundo, e ademais celébrase un concurso de piano no cal Argerich a miúdo preside o xurado.

Premios e recoñecementos editar

  • 1965 - Premio internacional Competición de piano Frederick Chopin, primeiro premio.
  • 1989 - Premio Konex de Platino, mellor pianista da década (1980-1989).
  • 1999 - Premio Konex de Brillante, personalidade máis destacada da música clásica da década (1990-1999)
  • 2000 - Premio Grammy ao mellor solista instrumental con acompañamento de Orquestra: Charles Dutoit (director), Martha Argerich e a Orquestra sinfónica de Montreal por Prokofiev: Conceerto para piano n.º 1 e Concerto para piano n.º 3 e Bartók: Concerto para piano n.º 3'
  • 2005 - Premio Grammy á mellor interpretación de música de cámara: Martha Argerich e Mikhail Pletnev por Prokofiev (Arr. Pletnev): Cenicienta Suite para dous pianos e Ravel: Ma Mere L'Oye.
  • Premio Asociación Xaponesa das Artes.[2]
  • 2006 - Premio Grammy ao mellor solista instrumental con acompañameento de Orquestra: Claudio Abbado (director), Martha Argerich e a Orquestra de Cámara Mahler por Beethoven: Concertos para piano n.º 2 e 3.

Referencias discográficas editar

  • Great Pianists Of The 20th Century. Philips (456 700-2). Sinfónica de Londres, Filharmónica de Berlín, Sinfónica da Radio de Berlín. Directores: Abbado, Chailly.
    • Volumen 2: Bach, Liszt, Ravel, Prokofiev e Rachmaninov.
    • Volumen 3: Chopin, Schumann e Liszt.
  • Colección completa: piano solo: Chopin, Bach, Schumann, Liszt, Brahms, Ravel,Prokofiev. Dous Pianos: Tchaikovski, Rachmaninov. Concertos: Beethoven, Chopin, Chaikovski, Schumann, Liszt, Prokofiev Ravel. Philharmonia, National Symphony, Royal Philharmonic, Sinfónica de Londres e Filharmónica de Berlín. Sinopoli, Rostropovich, Dutoit, Abbado. 11 Discos compactos Deutsche Grammophon (453 566-2)
  • Chopin: Sonata en si menor. Mazurkas, op. 59. n.º 1-3. Scherzo en do sostido menor, op. 39. Polonesa en la bemol maior, op. 53. Emi (7243 5 56805 2 5).
  • Chopin: Concertos. Sinfónica de Montreal. Dir:Dutoit. Emi (7243-5-56798-2-6).
  • Shostakovich: Concerto n.º 1. Haydn: Concerto. Orquestra de cámara de Würtemberg. Dir:Faerber. Deutsche Grammophon (439 8642).
  • Chopin: Concerto n.º 1. Scherzo n.º 3. Filharmónica Nacional de Varsovia. Dir: Rowicki, Laserlight (14 168).
  • Tchaikovski: Concerto n.º 1. Sinfónica da Radio de Baviera. Kondraschin. Philips (446 673-2).
  • Rachmaninov: Concerto n.º 3. Sinfónica da Radio de Berlín. Dir.Chailly.
  • Schumann: Concerto. Orquestra Nacional de Francia, Dir.Celibidache. Artists Fed (012).

Notas editar

  1. Stanley Sadie (Ed.) (1981). The New Grove Dictionary of Music and Musicians. Londres: Macmillan. ISBN 0-333-23111-2.
  2. "Premio en Japón Arquivado 25 de xullo de 2008 en Wayback Machine.", Diario Clarin de Buenos Aires, 18 de outubro de 2005 (en castelán).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bellamy, Olivier. Martha Argerich : L'enfant et les sortilèges (Broché) ISBN 2283023467

Ligazóns externas editar