Marta Pazos

directora teatral, escenógrafa e actriz galega

Marta Pazos Antas, nada en Vigo[1] en 1976,[2] é unha directora de escena, actriz e escenógrafa galega[3].

Marta Pazos
Nacemento1976
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Barcelona
Ocupaciónactriz, realizadora, escenógrafa e dramaturga
Na rede
https://www.martapazos.es/
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

O seu pai é músico de jazz e a súa nai enfermeira. Naceu por azar en Vigo, durante un concerto do pai nesa cidade, pero a cidade onde pasou a infancia foi Pontevedra.

Licenciouse en Belas Artes na Universidade de Barcelona, na especialidade de pintura. Tamén estudou na Scuola Cònia da Societas Rafaello Sanzio, de Cesena, onde aprendeu de Claudia Castellucci.

A comezos do século XXI estaba dirixindo e actuando en Santiago de Compostela. Fixo parella artística con Borja Fernández en Belmondo, un dúo que naceu en 1999[4] ao redor dos espectáculos mensuais que se celebraban na Sala Nasa, en Santiago. En 2007 fundou a compañía Voadora en Santiago de Compostela, co actor Hugo Torres e o produtor Jose Díaz[5]. Voadora sería unha das compañías fundamental do teatro galego a partir dese momento. Dirixindo Voadora que conseguiu dous premios María Casares á mellor directora, en 2011 por Super8 e en 2013 por Tokio3, espectáculo co que foi finalista ao mellor espectáculo revelación dos premios Max.

Traballou co Centro Dramático Nacional, co Centro Dramático Galego e co Teatre Lliure, e levou os seus espectáculos aos festivais máis importantes de España (Temporada Alta, Festival de Almagro, Clásicos en Alcalá, Olmedo Clásicos, Fringe-Matadero Madrid, Tercera Setmana, FIOT e Festival Escenas do Cambio[6]), do Brasil, Mozambique, República Checa, Francia e Portugal, ademais de Galicia.

Na tempada 2018/2019 traballou na dirección de escena da ópera Je suis narcissiste no Teatro Real de Madrid.[7][8]

Estreou no Teatre Lliure de Barcelona, o de 2 de febreiro de 2021, unha adaptación ao teatro de Viaxe á lúa, o único guión cinematográfico que deixou Federico García Lorca.[9] En 2021 dirixiu no Centro Dramático Nacional en Madrid (Teatro María Guerrero) Comedia sin título de García Lorca.[10] E no mesmo ano tamén dirixiu para o Centro Dramático Galego Ás oito da tarde cando morren as nais.[11]

En 2022 dirixiu a ópera Alexina B, de Raquel García-Tomás, no Teatre del Liceu de Barcelona, a segunda estrea dunha ópera realizada por unha muller en 175 anos de historia da institución.[12]

Teatro editar

Cine editar

Televisión editar

Premios editar

Notas editar

  1. Produción para o Centro Dramático Nacional onde representa o primeiro acto, único conservado, da comedia final de García Lorca e dous actos máis, sen texto dramatúrxico, a partir dos comentarios que fixera o propio Lorca aos seus amigos pouco antes de que o matasen.
Referencias
  1. García, Rocío (2022-07-26). "Marta Pazos, la dramaturga que abraza los colores". El País (en castelán). Consultado o 2022-07-26. 
  2. "As mulleres lideran a gala dos XVI Premios Mestre Mateo, con Marta Pazos á cabeza". Academia Galega do Audiovisual. 16 de febreiro. Consultado o 11 de outubro de 2018. 
  3. "A pontevedresa Marta Pazos dirixirá a gala dos premios Mestre Mateo do audiovisual galego". Pontevedra Viva. 17 de febreiro de 2018. Consultado o 11 de outubro de 2018. 
  4. "Chévere". www.grupochevere.eu. Consultado o 6/12/2021. 
  5. "Marta Pazos y “Garage”" (en español). Con la A. 25 de setembro de 2018. Consultado o 11 de outubro de 2018. 
  6. "BIO. ABOUT". martapazos (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 2 de xuño de 2020. Consultado o 26/11/2019. 
  7. "Marta Pazos". voadora (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26/10/2020. Consultado o 26/11/2019. 
  8. "Marta Pazos: «Introduzco el lenguaje teatral en la ópera pero respetando la técnica lírica»". La Voz de Galicia (en castelán). 29/1/2019. Consultado o 26/11/2019. 
  9. "Galiza exporta talento a Catalunya". Nós Diario. Consultado o 18/1/2021. 
  10. "Marta Pazos estrenará Comedia sin título, de Lorca, en el Centro Dramático Nacional". Inout Viajes (en castelán). Consultado o 9/11/2021. 
  11. "A Xunta estrea no Centro Dramático Galego 'Ás oito da tarde, cando morren as nais' con dirección e dramaturxia de Marta Pazos - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2022-11-23. 
  12. Diario, Nós. "Marta Pazos estreará a ópera 'Alexina B.' no Gran Teatre del Liceu". Nós Diario. Consultado o 2022-04-07. 
  13. "SUPER8". martapazos (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19/10/2020. Consultado o 6/12/2021. 
  14. "ACTRIZ. ACTRESS". martapazos (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 2 de xuño de 2020. Consultado o 26/11/2019. 
  15. "Premiad@s". AAAG. Consultado o 11 de outubro de 2018. 
  16. "Marta Pazos". Yourszene (en castelán). Consultado o 26/11/2019. 
  17. "A ópera 'Waltz' de Voadora triunfa no Indiefest de Santander". 4 de marzo de 2014. Consultado o 11 de outubro de 2018. 
  18. Vila, Sara (14/10/2019). "Marta Pazos: "A vida cultural de Pontevedra tamén conformou a miña ollada como artista"". Diario de Pontevedra. Consultado o 26/11/2019.