Marlango é un grupo musical español, influído pola atmosfera musical de Tom Waits, formado en 2002 en Madrid. Os integrantes do grupo son Leonor Watling, Alejandro Pelayo e Óscar Ybarra.

Marlango
Marlango en Murcia, en 2008.
OrixeMadrid, España
Período2002–presente
Xénero(s)Jazz, blues, rock
Selo(s) discográfico(s)Subterfuge Records
Universal
MembrosAlejandro Pelayo
Leonor Watling
Óscar Ybarra
Na rede
www.marlango.net
Spotify: 1sssLDz8bNSqKkW1zndP0D Last fm: Marlango Musicbrainz: 1a2bd2b1-7fe4-4b09-9ae8-96d2a519bf9a Songkick: 538355 Discogs: 718420 Allmusic: mn0000524821 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

En 1998, Leonor e Alejandro gravaron unha maqueta con catorce temas para piano e voz onde xa se encontraba o núcleo do que sería o seu primeiro álbum. No invierno de 2002, o neoiorquino Óscar Ybarra, acabado de instalar en Madrid, escoita o material e decide incorporarse ó proxecto. Entre os tres dan forma a un traballo que ve a luz en febreiro de 2004.

Este disco, Marlango, ten influencias que van do rock ó jazz, da música dalgún cabaret de entreguerras á banda sonora dunha película de David Lynch. Despois dun ano de concertos por toda España, Portugal e o Xapón, e de recibir de mans de Pedro Almodóvar un disco de ouro polas primeiras 50.000 copias vendidas, en setembro de 2005 publican o seu segundo álbum, Automatic imperfection, que tamén consegue o disco de ouro en España. En 2006 fichan pola discográfica Universal, coa que publican unha edición especial do seu primeiro álbum, ademais de editalo en moitos países.

O 25 de setembro de 2007 editouse o seu terceiro álbum de estudio The electrical morning.

Discografía editar

Colaboracións editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar