Marisa Villardefrancos

Escritora galega

María Luísa Villardefrancos Legrande, nada en Vedra o 12 de outubro de 1915 e finada Alacant o 20 de xuño de 1975, foi unha escritora galega en lingua castelá.

Marisa Villardefrancos
Nome completoMaría Luisa Villardefrancos Legrande
Nacemento15 de outubro de 1915
Lugar de nacementoVedra
Falecemento20 de xuño de 1975
Lugar de falecementoSant Vicent del Raspeig
SoterradaSant Vicent del Raspeig
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora, mestra, escritora de literatura infantil, ilustradora e dramaturga
PaiLuís Villardefrancos Calé
IrmánsGloria Villardefrancos
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Filla de Luís Villardefrancos Calé, empregado municipal e escritor en revistas, e de María de los Dolores Legrande, mestra. Desenvolveu a súa vida en Madrid. Colaborou en El Correo Gallego, na publicación Chicas, nas novelas da "Biblioteca de Chicas" e na radio (nas radionovelas que emitiu a Cadena SER). Foi unha escritora moi coñecida na década dos cincuenta, pero non gozou de recoñecemento nos ámbitos literarios. Destacou por sortear a censura e presentar, baixo unha aparencia de novela rosa, protagonistas femininas actuais, que exercían profesións liberais independentes en escenarios conflitivos como os do Ulster ou os da segunda guerra mundial.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar