Mario Lemieux, nado en Montreal o 5 de outubro de 1965, é un xogador de hóckey sobre xeo retirado canadense. Xogou dezasete temporadas na National Hockey League (NHL) cos Pittsburgh Penguins entre 1984 e 2006, dos que asumiu a propiedade en 1999. Alcumado "The Magnificent One" ou "Le Magnifique" así como "Super Mario", está recoñecido como un dos mellores xogadores de todos os tempos.[1] Dotado para crear xogo e patinador rápido a pesar do seu gran tamaño, Lemieux adoitaba bater os defensas con fintas e dekes.[2]

Mario Lemieux
Nacemento5 de outubro de 1965
Lugar de nacementoMontreal
NacionalidadeCanadá e Estados Unidos de América
Ocupaciónxogador de hóckey sobre xeo
IrmánsAlain Lemieux
PremiosOficial da Ordem do Canadá, Knight of the National Order of Quebec, IIHF Hall of Fame, Canada's Walk of Fame, Hart Memorial Trophy, Hart Memorial Trophy, Hart Memorial Trophy, Art Ross Trophy, Art Ross Trophy, Art Ross Trophy, Art Ross Trophy, Art Ross Trophy, Art Ross Trophy, Troféu Bill Masterton, Calder Memorial Trophy, Conn Smythe Trophy, Conn Smythe Trophy, Lester B. Pearson Award, Lester B. Pearson Award, Lester B. Pearson Award, Lester B. Pearson Award, NHL Plus-Minus Award, Quebec Sports Hall of Fame, Canada's Sports Hall of Fame, Hockey Hall of Fame e Lester Patrick Trophy
Na rede
http://www.mariolemieux.org/
IMDB: nm1155689 Facebook: MarioLemieuxFdn Twitter: mariolemieuxfdn Instagram: mariolemieuxfdn Youtube: UCwwPcPeeQSEUf1V91JaIlcg Olympic.org: mario-lemieux WikiTree: Lemieux-761 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Lemieux liderou os Pittsburgh na consecución de copas Stanley consecutivas en 1991 e 1992. Baixo a súa propiedade, os Penguins gañaron outros títulos adicionais en 2009, 2016 e 2017. É o único home que ten o seu nome na copa como xogador e como propietario.[3] Tamén liderou a selección canadense que gañou a medalla e ouro nos Xogos Olímpicos de Salt Lake City, o campionato do mundo de 2004 e a Copa do Canadá de 1987. Gañou o Lester B. Pearson Award como xogador máis destacado votado polos xogadores en catro ocasións, o Hart Trophy como xogador máis valioso da NHL en tres ocasións, o Art Ross Trophy como líder por puntos seis veces e o Conn Smythe Trophy como xogador máis valioso dos playoffs en 1991 e 1992. É o único xogador que marcou un gol en cada unha das cinco posibles situacións nun único partido, o que logrou en 1988. No momento da súa retirada era o sétimo xogador que marcou máis puntos durante a súa carreira, con 690 goles e 1033 asistencias.[4] É segundo na historia da NHL cunha media de goles por partido de 0.754, só detrás de Mike Bossy (0.762).[5] En 2004, foi incluído no Canada's Walk of Fame.

A carreira de Lemieux estivo cheo de problemas de saúde que o limitaron a 915 partidos dun total de 1430 posibles nunha tempada regular. O debut de Lemieux na NHL foi o 11 de outubro de 1984 e o seu último partido tivo lugar o 26 de decembro de 2005.[6][7] Retirouse en dúas ocasións debido aos problemas de saúde, primeiro en 1997 tras loitar cun linfoma antes de volver en 2000, e definitivamente en 2006 tras ser diagnosticado con fibrilación auricular. Lemieux tamén se perdeu a temporada 1994-95 debido a un linfoma de Hodgkin.[4] A pesar destas longas ausencias, o seu xogo permaneceu a alto nivel nas súas voltas ao xeo.

En 1999 comprou os Penguins, entón en bancarrota, e o seu afiliado na American Hockey League (AHL), os Wilkes-Barre/Scranton Penguins, e continúa a ser o dono principal e director.

Lemieux foi incluído no Hockey Hall of Fame xusto despois da súa primeira retirada en 1997, prescindíndose da aplicación da regra normal dos tres anos de espera; cando volveu en 2000 converteuse no terceiro Hall of Fame que xogou logo de ser incluído, despois de Gordie Howe e Guy Lafleur.[2] O impacto de Lemieux na NHL foi significativo: Andrew Conte do Pittsburgh Tribune-Review chamouno o salvador dos Pittsburgh Penguins, e despois de que se retirase, Wayne Gretzky comentou que "ti non substitúes xogadores como Mario Lemieux (...) O xogo botarao de menos".[8] Bobby Orr dixo que era "o xogador con máis talento que nunca vin". Orr, xunto con Bryan Trottier e moitos seguidores,[4] especulou que se Lemieux non sufrise tantos problemas de saúde, os seus logros sobre o xeo serían aínda maioresthat if Lemieux had not suffered so many issues with his health, his on-ice achievements would have been much greater.[8] En 2017, foi nomeado un dos "100 Greatest NHL Players".[9]

Estatísticas editar

Temporadas regulares e playoffs editar

Grosa indica que liderou a liga

    Temporada regular   Playoffs
Temporada Equipo Liga GP G A Pts PIM GP G A Pts PIM
1980–81 Montreal-Concordia QAAA 47 62 62 124 127 3 2 5 7 8
1981-82 Laval Voisins QMJHL 64 30 66 96 22
1982-83 Laval Voisins QMJHL 66 84 100 184 76 12 14 18 32 18
1983-84 Laval Voisins QMJHL 70 133 149 282 97 14 29 23 52 29
1983-84 Laval Voisins MC 3 1 2 3 0
1984-85 Pittsburgh Penguins NHL 73 43 57 100 54
1985-86 Pittsburgh Penguins NHL 79 48 93 141 43
1986-87 Pittsburgh Penguins NHL 63 54 53 107 57
1987-88 Pittsburgh Penguins NHL 77 70 98 168 92
1988-89 Pittsburgh Penguins NHL 76 85 114 199 100 11 12 7 19 16
1989-90 Pittsburgh Penguins NHL 59 45 78 123 78
1990-91 Pittsburgh Penguins NHL 26 19 26 45 30 23 16 28 44 16
1991-92 Pittsburgh Penguins NHL 64 44 87 131 94 15 16 18 34 2
1992-93 Pittsburgh Penguins NHL 60 69 91 160 38 11 8 10 18 10
1993-94 Pittsburgh Penguins NHL 22 17 20 37 32 6 4 3 7 2
1995-96 Pittsburgh Penguins NHL 70 69 92 161 54 18 11 16 27 33
1996-97 Pittsburgh Penguins NHL 76 50 72 122 65 5 3 3 6 4
2000-01 Pittsburgh Penguins NHL 43 35 41 76 18 18 6 11 17 4
2001-02 Pittsburgh Penguins NHL 24 6 25 31 14
2002-03 Pittsburgh Penguins NHL 67 28 63 91 43
2003-04 Pittsburgh Penguins NHL 10 1 8 9 6
2005-06 Pittsburgh Penguins NHL 26 7 15 22 16
Totais QMJHL 200 247 315 562 190 26 43 41 84 47
Totais NHL 915 690 1033 1723 834 107 76 96 172 87

Internacional editar

Ano Equipo Competición Resultado   GP G A Pts PIM
1983 Canadá WJC   7 5 5 10 12
1985 Canadá WC   9 4 6 10 2
1987 Canadá CC   9 11 7 18 8
2002 Canadá OLI   5 2 4 6 0
2004 Canadá WCH   6 1 4 5 2
Totais como júnior 7 5 5 10 12
Totais como sénior 29 18 21 39 12

Xogos da NHL All-Star editar

Ano Lugar G A P
1985 Calgary 2 1 3
1986 Hartford 0 0 0
1988 St. Louis 3 3 6
1989 Edmonton 0 1 1
1990 Pittsburgh 4 0 4
1992 Philadelphia 0 1 1
1996 Boston 0 2 2
1997 San Jose 2 1 3
2001 Denver 1 1 2
2002 Os Ánxeles 1 0 1
10 All-Star Games 13 10 23

Notas editar

  1. "Mario Lemieux". Encyclopædia Britannica. Consultado o 30 de outubro de 2010. 
  2. 2,0 2,1 "Mario Lemieux Biography". Legends of Hockey.net. Consultado o 21 de setembro de 2007. 
  3. "Lemieux to receive Order of Quebec". CBC Sports. 16 de xuño de 2009. Consultado o 23 de xullo de 2009. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Lemieux leaves with a heavy heart". CBC Sports. 24 de xaneiro de 2006. Consultado o 19 de setembro de 2007. 
  5. Player Season Finder Arquivado 06 de febreiro de 2016 en Wayback Machine.. Hockey-Reference.com. Consultado o 23 de xullo de 2013.
  6. "First Goal: Mario Lemieux". National Hockey League. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 28 de outubro de 2015. Mario Lemieux scored the first goal of his NHL career on his first shift in his first game on October 11, 1984. 
  7. "Mario Lemieux – last five games". National Hockey League. Consultado o 28 de outubro de 2015. 
  8. 8,0 8,1 "What people are saying". CBC Sports. 25 de xaneiro de 2006. Consultado o 19 de setembro de 2007. 
  9. "100 Greatest NHL Players". National Hockey League. 27 de xaneiro de 2017. Consultado o 13 de xuño de 2017. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar