Mario Bermejo

futbolista español

Mario Bermejo Castanedo, nado en Santander o 7 de outubro de 1978, é un futbolista español xa retirado.

Mario Bermejo
Información persoal
Nome Mario Bermejo Castanedo
Nacemento 7 de outubro de 1978 (45 anos)
Lugar de nacemento Santander
Altura 1,78 m.
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Perines
Basander
Racing de Santander
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1995–1997 Racing B
1995 Racing de Santander 1 (0)
1997–2000 Bilbao Athletic 61 (16)
1998–2002 Athletic Club 1 (0)
1998–1999Leonesa (cedido) 28 (3)
2000Eibar (cedido) 15 (1)
2000–2001Gimnástica (cedido) 31 (7)
2001–2002Hospitalet (cedido) 33 (6)
2002–2003 Recreativo 39 (0)
2004–2005 Racing de Ferrol 55 (32)
2005–2006 Albacete 32 (9)
2006–2008 Almería 33 (5)
2007–2008Poli Ejido (cedido) 35 (5)
2008–2011 Xerez 101 (32)
2011–1014 Celta de Vigo 72 (13)
Selección nacional
1995 España sub-16 7 (2)
1996 España sub-18 3 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 11 de febreiro de 2014.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Inicios editar

Formado no Perines e Bansander, Mario Bermejo pasou ás categorías inferiores do Racing de Santander. Debutou con este equipo en Primeira división na tempada 1995-96 con tan só 16 anos. O seu adestrador era Vicente Miera, e xogou os últimos 4 minutos da 4ª xornada ante o Sevilla en El Sardinero, substituíndo a Alberto. Durante este tempo foi seleccionado por Juan Santisteban para a selección española nas categorías sub-16 e sub-18, coas que acadou respectivamente o subcampionato e o campionato de Europa.

Na tempada 1996-97 Mario Bermejo ficha polo Bilbao Athletic, dado que toda a súa familia paterna era vasca para xogar na súa filial do grupo II da Segunda División B. O primeiro ano disputa 17 partidos, marca 3 goles e conclúe a liga en 12ª posición. Ao ano seguinte debuta co primeiro equipo en primeira, onde disputa os últimos 7 minutos do derbi da 5ª xornada ante a Real Sociedad en San Mamés, en substitución de Ziganda. Tamén debutou con este equipo na Copa da UEFA ao xogar os últimos 30 minutos do partido de treintaidosavos de final no campo da UC Sampdoria ao substituír a Urzaiz nun partido que gañaron os bilbaínos 1-2. Logo xogaría tamén os últimos 15 minutos do partido ante o Aston Villa en San Mamés, partido que rematou en empate sen goles. Foron as súas tres únicas aparicións oficiais co primeiro equipo do Athletic. Despois tamén xogaría en maio o partido do centenario ante o Brasil cando disputou os últimos 14 minutos en substitución de Javi González. Esa campaña Bermejo xogouna habitualmente co Bilbao Athletic: 27 partidos xogados, 3 goles, e conclúe a liga en 2ª posición co que se clasifica para a fase de ascenso a 2ªA. Na liguiña tería como rivais a Mallorca B, Granada CF e Cacereño, e finalmente ascendería o filial balear.

Segunda División B e Segunda División editar

Na tempada 98-99 é cedido polo Athletic Club á Cultural Leonesa, equipo do grupo II da 2ª División B. Co equipo leonés o dianteiro cántabro disputou un total de 32 partidos, marcou 3 goles, e proclamouse campión de liga do grupo II. Na liguiña tería como rivais a Córdoba CF, Cartagonova e Racing de Ferrol, nun grupo onde acabarían ascendendo os cordobeses.

A tempada 1999-2000 iníciaa no Bilbao Athletic, co que disputa na primeira volta un total de 21 partidos e marca 10 goles. O seu rendemento sérvelle para ser cedido no mercado de inverno á SD Eibar co que xogaría a segunda volta do campionato debutando en Segunda división. Aquí disputou 15 partidos, marca 1 gol (ao Villarreal na 27ª xornada), e conclúe a liga cos eibarreses en 11ª posición.

Na tempada 2000-01, vai cedido de novo. Desta volta á Gimnástica de Torrelavega, equipo cántabro do grupo II da 2ª División B, co que dianteiro santanderino disputou 31 partidos, marcou 7 goles, e concluíu a liga en 13ª posición. Ao ano seguinte Bermejo viviría a súa última cesión, neste caso ao Hospitalet do grupo III da 2ªB, equipo co que disputou 39 partidos, marcou 6 goles, e concluíu a liga na cuarta posición que os clasificou para a fase de ascenso. Na liguiña tería como rivais a Getafe, Motril e Cultural Leonesa, nun grupo no que acabarían ascendendo os madrileños.

En primeira e co Racing de Ferrol editar

O seu rendemento en terras catalás sérvelle para fichar na tempada 2002-03 polo Recreativo de Huelva, que acababa de ascender a primeira división. Esta vez Bermejo disputou en Primeira 1.449 minutos en 28 partidos xogados, 16 deles como titular. Foi substituído en 8 ocasións e recibiu 6 cartóns amarelos, e os onubenses descenderon a Segunda tras concluíren a liga en 18ª posición.

A tempada 2003-04 comézaa no Recreativo de Huelva co que disputaría na primeira volta en Segunda un total de 493 minutos en 11 partidos xogados, 5 deles como titular e completos, recibindo 1 cartón amarelo. No mercado de inverno fichou polo Racing de Ferrol, en segunda División B, co que xogou na segunda volta do campionato e logrou o ascenso a Segunda División, tras disputar 1.291 minutos en 21 partidos, 12 deles como titular, e marcar 8 goles.

A tempada 2004-05 sería a mellor da súa carreira, ao proclamarse por primeira vez na súa vida e na historia dun dianteiro racinguista, pichichi da Segunda División: marcou 25 goles. Nesa tempada disputou un total de 2.980 minutos en 39 partidos, 34 deles como titular, e foi substituído en 10 ocasións. Ademais, recibiu 6 cartóns amarelos e 1 vermello. O Racing ese ano logrou a permanencia tras unha primeira volta na que rozara os postos de ascenso a Primeira División.

Albacete, Almería e Xerez editar

Na tempada 2005-06 Bermejo rexeitou unha oferta do Athletic para ser suplente de Urzaiz no club bilbaíno, e fichou polo Albacete Balompié, equipo que viña de descender á Segunda División. Co conxunto albaceteño Mario disputou un total de 2.300 minutos en 32 partidos, 24 deles xogados como titular. Foi substituído en 6 ocasións, recibiu 6 cartóns amarelos e marcou 9 goles. Marcoulle os goles ao Poli Ejido, Racing de Ferrol (na Malata e por partida dobre), Xerez, Hércules, CD Tenerife, Sporting de Xixón, SD Eibar e Elche CF, nas xornadas 6, 7, 18, 19, 21, 22, 24 e 29: os manchegos finalizarían a liga en 13ª posición.

Na tempada 2006-07 Mario Bermejo fichou pola UD Almería, club ao que lle metera catro goles no mesmo partido dous anos atrás (con vitoria final racinguista por 1-6). Co conxunto almeriense Bermejo subiría a primeira tras concluír a liga en segunda posición. Disputou 1.363 minutos en 33 partidos xogados, 12 deles como titula. Foi substituído en 9 ocasións, recibiu 8 cartóns amarelos e 1 vermello, e marcou 5 goles fronte ao Hércules, CD Numancia, Ciudad de Murcia, Málaga CF e Lorca nas xornadas 6, 9, 12, 19 e 37.

Na tempada a UD Almería cédello ao Polideportivo Ejido, dirixido polo vilagarcián Luis César, quen fora o seu adestrador no Racing de Ferrol no ano do ascenso a Segunda. No novo equipo tamén se reatoparía con excompañeiros da súa etapa no cadro verde como Bello Amigo, Tena ou Curro Vacas. Nunha campaña na que descendeu a 2ªB o equipo ejidense ao concluír en 22ª e última posición, Mario disputou 2.144 minutos en 35 partidos, 24 deles xogados como titular, e foi substituído en 12 ocasións. Recibiu 4 cartóns amarelos e un vermello, e marcou 5 goles contra Málaga CF, Cádiz CF, Sevilla Atlético, SD Eibar e Hércules CF nas xornadas 6, 8, 28, 36 e 37.

Na tempada 2008-09 Mario Bermejo rescindiu o seu contrato coa UD Almería e fichou polo Xerez CD, equipo de Segunda División co que tivo un papel determinante no ascenso a Primeira, ao conseguir goles decisivos na segunda volta do campionato. Bermejo disputou un total de 2.242 minutos en 34 partidos xogados, 25 deles como titular. Foi substituído en 12 ocasións, recibiu 7 cartóns amarelos e un vermello, e marcando 12 goles fronte ao Rayo Vallecano, Murcia, Sevilla Atlético, Elche CF, Levante UD (2), Real Sociedad, de novo Sevilla Atlético e Elche CF, Castellón, Nàstic e SD Eibar.

Na tempada 09-10 renovou polo Xerez e desta volta regresou á máxima categoría do fútbol español. Era o debut do conxunto xerezano en categoría. O 18 de outubro de 2009 conseguiu o seu primeiro gol en Primeira, fronte ao Villarreal. Esa foi a primeira vitoria tamén do Xerez en Primeira (Xerez 2 - Villarreal 1). Con todo, finalmente o equipo xerezano descendeu e Bermejo volveu a Segunda.

No Celta de Vigo editar

En xuño de 2011 ficha polo Real Club Celta de Vigo para disputar no club vigués a tempada 2010-11[1]. Finalmente retirase no ano 2014 xogando no club galego, inmediatamente pasa a formar parte do equipo técnico[2].

Estatísticas editar

Palmarés editar

Club editar

Xerez

Individual editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar