Marcus Zuerius van Boxhorn

lingüista neerlandés

Marcus Zuerius van Boxhorn, nado en Bergen op Zoom o 28 de agosto de 1612 e finado o 3 de outubro de 1653 en Leiden, foi un erudito neerlandés. Profesor en Leiden, descubriu a similitude entre linguas indoeuropeas, que supuxo que proviñan dunha lingua primitiva que denominou 'escítica' (Scytisch en neerlandés).

Infotaula de personaMarcus Zuerius van Boxhorn

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de agosto de 1612 Editar o valor em Wikidata
Bergen op Zoom Editar o valor em Wikidata
Morte3 de outubro de 1653 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Leiden Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePaíses Baixos Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Leiden Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Leiden, Dutch ordinary professor (en) Traducir. Q65588662 Traducir (1648–1653)
Universidade de Leiden, Dutch ordinary professor (en) Traducir. Q65588662 Traducir (1640–)
Universidade de Leiden, Q65561104 Traducir. Q65588662 Traducir (1633–)
Universidade de Leiden, lecturer (en) Traducir. Q65588662 Traducir (1632–1633)
Universidade de Leiden Editar o valor em Wikidata
ProfesoresDaniel Heinsius Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Malia que as linguas que orixinariamente emparentou non foron máis que o neerlandés, o grego, o latín, o persa e o alemán, posteriormente, e tras a realización de moitas táboas comparativas de palabras, rematou por lles engadir tamén linguas eslavas, célticas e bálticas. Porén, non incluíu o hebreo, cousa que mostra a bondade da hipótese.

Orixe da hipótese escítica editar

 
Ara de Nehalennia en Domburg (prancha 7 n° 15a de L. J. F. Janssen, De Romeinsche Beelden en Gedenksteenen van Zeeland, Leiden, 1845).

Desde os anos 1630 Boxhorn interésase nas relacións existentes entre as linguas indoeuropeas. Tras a descuberta de similitudes entre persa e neerlandés, descuberta popularizada por Juste Lipse en 1602, a universidade de Leiden convertérase nun centro importante de reflexión sobre os parentescos e as orixes das linguas. Boxhorn publica así unha longa carta erudita titulada Des mots perses enregistrées par Quinte Curce et de leur parenté avec des termes germaniques[1]. Foi o descubrimento en 1645, en Domburg no litoral de Zelandia, de estelas romanas provenientes do santuario de Nehalennia, deusa celto-xermánica, o que parece que desencadeou a hipótese de Boxhorn. Intentou interpretar este nome por medio dunha raíz común a varias linguas europeas e de aí tirou a hipótese dunha orixe común, hipótese que explicou nunha disertación en flamengo en 1647[2]. Unha investigación deste tipo inscribíase na busca dunha lingua nai para a humanidade , busca marcada polo mito da Torre de Babel. Pero a idea dun xénese das linguas a partir do hebreo, corrente ata o Renacemento, entrara en crise e apareceron outros modelos, que ás veces mesmo poñían en cuestión a idea dunha orixe única.

Notas editar

  1. Daniel Droixhe, Souvenirs de Babel. La reconstruction de l'histoire des langues de la Renaissance aux Lumières (en liña), Bruxelas, ARLLFB, p. 59
  2. Daniel Droixhe, "Les conceptions du changement et de la parenté des langues européennes au XVIIe et XVIIIe siècles", Ménage[1] Arquivado 07 de outubro de 2008 en Wayback Machine.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar