Marcial del Adalid

compositor galego


Marcial del Adalid Gurrea, nado na Coruña o 24 de agosto de 1826 e finado en Lóngora (Liáns, Oleiros) o 16 de outubro de 1881, foi un compositor musical galego. É considerado o pai do xénero da melodía galega.

Infotaula de personaMarcial del Adalid

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Marcial del Adalid y Gurréa Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de agosto de 1826 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de outubro de 1881 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Lóngora, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Santo Amaro da Coruña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoÓpera Editar o valor em Wikidata
ProfesoresIgnaz Moscheles (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeFanny Garrido Editar o valor em Wikidata
FillosMaría del Adalid Editar o valor em Wikidata
PaiFrancisco del Adalid y Laredo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Last fm: Marcial+del+Adalid Musicbrainz: 5d076b25-05a2-44a8-bd12-c86a43e83614 IMSLP: Category:Adalid,_Marcial_del Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Pazo de Lóngora, residencia de Marcial del Adalid.

Comezou os seus estudos musicais na súa cidade natal, onde empezou xa a compor. En 1844 viaxou a París coa intención de estudar con Frédéric Chopin, pero isto non chegou a suceder. Trasladouse a Londres, onde entre 1844 e 1849 estudou con Ignaz Moscheles. De volta a París, parece ser que recibiu consellos de Liszt. De volta a España viviu algúns anos en Madrid e viaxou logo a París, onde intentou infrutuosamente estrear a súa ópera Inese e Bianca, con libreto italiano de Achille de Lauzières. Esta ópera, a primeira obra deste xénero en galego, foi estreada modernamente pola Universidade da Coruña o 21 de abril de 2007 en versión de concerto. Retirouse despois ó seu pazo de Lóngora, onde residiu compoñendo ata a súa morte, un tanto apartado da vida musical. Está considerado como o pai da canción clásica galega.

Obra editar

A súa obra está principalmente composta para piano e voz, e amosa unha grande influencia de Chopin e Charles Gounod. Musicou moitos dos poemas da súa dona, a escritora Fanny Garrido. Tamén se interesou pola música galega e reuniu folclore galego para o cancioneiro de José Inzenga. En 1877 publicou os seus primeiros cadernos da colección Cantares viejos y nuevos de Galicia, a súa obra mais interpretada. A publicación non finalizou ata despois da súa morte, chegando a vinte seis cancións, quince delas orixinais e nove harmonizacións de melodías tradicionais. Maurice Ravel empregou o seu Adios meu meniño, adios na súa Chanson espagnole, incluíndo o texto galego como alternativa ao francés.[1][2]

Obra escénica editar

Orquestra editar

  • Varias marchas para orquestra.
  • Serenata para orquestra de cordas.

Piano editar

  • 3 sonatas.
  • 2 Sonatinas para piano a catro mans.
  • Nocturnos.
  • Baladas.
  • Impromptus.
  • Elexías.
  • Romanzas sen palabras.

Música de cámara:

 
Rúa Marcial del Adalid na Coruña.

Cancións editar

Legado editar

A súa única filla e herdeira, María del Adalid, por consello de Félix Estrada Catoyra, depositou o 12 de decembro de 1928 na Real Academia Galega a biblioteca e arquivo do seu pai.[3] En palabras de Xosé Ramón Barreiro, supón "Un fondo musical único e valiosísimo, máis importante ca o da Biblioteca Nacional".[4]

Recoñecementos editar

A Real Academia Galega de Belas Artes ‘Nosa Señora do Rosario’ entrega a Medalla de Oro ‘Marcial del Adalid’ a institucións e músicos non profesionais.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. López, Rosalía (domingo, 20 de julho de 2014). "Aquecendo a voz: A canción galega de Ravel". Aquecendo a voz. Consultado o 2024-04-12. 
  2. "La canción gallega de Ravel". Mundoclasico.com (en castelán). Consultado o 2024-04-12. 
  3. Arquivo Marcial del Adalid Galiciana. Arquivo de Galicia.
  4. "La Academia y la Diputación catalogarán el fondo musical". La Opinión A Coruña (en castelán). 19/5/2008. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar