Marcelle, A Baña

parroquia civil do concello da Baña

Santa Cristina da Marcelle é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 164 habitantes (81 homes e 83 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 229 habitantes.

Marcelle
Igrexa de Santa Cristina da Marcelle.
ConcelloA Baña[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°59′11″N 8°45′11″O / 42.98631385, -8.75310251Coordenadas: 42°59′11″N 8°45′11″O / 42.98631385, -8.75310251
Área5,36 km²
Poboación164 hab. (2016)
Densidade30,6 hab./km²
Entidades de poboación3[1]
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Na delimitación parroquial atópanse varias mámoas do neolítico como a do Campo Redondo, as dúas de Vilar (en Outeiro), as dúas de Faílde, e as dúas de Cruceiro Grande. Tamén existe un petróglifo da Idade de Bronce, denominado do Libreiro.[2]

Noutro tempo pertenceu ao arciprestado do Xallas, aínda que actualmente pertence ao de Barcala.

Marcelle foi dos Condes de Gimonde, título concedido polo rei Carlos III en 1765. Dise que este condado tra por armas as dos Cisneros. Recórdase o caciquismo do século XIX naquel dito de "Deus no ceo e Xan Paredes en Marcelle"

Destaca a igrexa do século XVII, aínda que anterior a actual había outra da que non se conserva nada. En 1622 construíuse a capela do Anxo da Garda, costeada por Gonzalo de Turnes e a súa muller, onde se poñen as sepulturas de seus pais e aínda hoxe se conserva a devoción ao santo Anxo da Garda, pervivindo un retablo e unha imaxe. A construción da igrexa levou tres séculos, cun estilo barroco predominante, e cunha escasa decoración.

A mediados do século XX, no chamado xacemento do Campo da Billa, durante a realización de actividades agrícolas, foron localizadas unhas 3 ou 4 sepulturas, conservando algunha delas a tapa, formada por unha única pedra de gran tamaño.

Arquitectura popular editar

Muíños[3] editar

No río de Vilar hai tres muíños de canle e que moían seis meses:

  • de Juana Romero
  • do Medio, de Juan Cisneros
  • Quinteiro

No río Fonte Grande

  • de Juana Romero, de cubo, moía durante catro meses.

Pombais[3] editar

  • Pombal na casa reitoral, de planta rectangular e na que se aproveita a esquina do muro circundante da casa.

Festas editar

  • 24 de xuño: Sagrado Corazón
  • Último sábado de agosto: Santa Cristina
  • Última fin de semana de agosto: A Inmaculada

Galería de imaxes editar

Artigo principal: Galería de imaxes da Baña.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Marcelle editar

Lugares da parroquia de Marcelle no concello da Baña (A Coruña)

Outeiro | Quinteiro | Vilar

Parroquias da Baña editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Baña

A Baña (San Vicenzo) | Barcala (San Xoán) | O Barro (Santa Mariña) | Cabanas (San Miguel) | Corneira (San Cristovo) | A Ermida (San Salvador) | Fiopáns (San Pedro) | Lañas (Santa Baia) | Marcelle (Santa Cristina) | Ordoeste (Santa María) | A Riba (San Xoán) | San Cibrán de Barcala (San Cibrán) | Sanamede do Monte (San Mamede) | Suevos (San Mamede) | Troitosende (Santa María)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar