Marcelino de la Parra

guerrilleiro antifranquista

Marcelino de la Parra Casas, Parra, nado en La Robla[1][2] en 1911 e finado en León o 8 de novembro de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista.

Infotaula de personaMarcelino de la Parra

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1911 Editar o valor em Wikidata
La Robla, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de novembro de 1948 Editar o valor em Wikidata (36/37 anos)
león Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesParra Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1936 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Popular da República Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Ferraxeiro de profesión[3], afiliouse sendo novo á CNT.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 uniuse aos seu camaradas na Fronte Norte de Asturias. Fíxose amigo do xornaleiro ugetista Manuel Girón Bazán. Logo da derrota republicana e caída da Fronte Norte en outubro de 1937, fuxiu con Girón e outros desde Asturias a comarca de Cabreira en León. Inicialmente situáronse en Corporales, pasando despois a asentarse en Pombriego, facendo vida normal na vila, arroupados pola maioría dos veciños.

O 14 de xaneiro de 1938 deron un golpe en La Baña e despois deron varios golpes en Mercado del Puente e Galende con varios mortos[1]. En setembro de 1942 atracaron o autobús da liña Truchas-La Bañeza en Morla. O autobús foi detido por doce guerrilleiros, pero ignoraban a presenza no vehículo dunha parella da Garda Civil, e o asalto acabou en tiroteo con cinco ocupantes do autobús mortos -entre eles os dous gardas civís- e cinco feridos[2]. En xuño de 1945 produciuse a caída de Columbrianos na que foron abatidos Manuel Moreno Casado, Robustiano Arias Carujo e Miguel Cuellas Gómez, e que supuxo o desmantelamento da rede de enlaces, apoios e informadores civís que sustentaban a súa loita militar.[1]

En abril de 1942 reuníronse nos congreso de Ferradillo guerrilleiros leoneses, asturianos e galegos, que representaban todas as tendencias do antifranquismo, para crear a Federación de Guerrillas de León-Galicia. O Comité Director estaba presidido por Marcelino Fernández Villanueva, xefe de Estado Maior e máximo dirixente, e como asesores foron nomeados Marcelino de la Parra, Mario Morán García e César Ríos Rodríguez. Comezaron a editar El Guerrillero, no que Parra asinaba co pseudónimo "El emboscado". Parra mantense na executiva da Federación en todos os congresos que se suceden. O VI Congreso, en xaneiro de 1946, chamado Congreso da Escisión, rompeu a unidade a causa do maior peso que impuxo o Partido Comunista de España (PCE), que avogaba por integrar a Federación na Unión Nacional Española (con maioría do PCE), o que non convenceu á maioría e produciu a quebra. Os non comunistas celebraron outro congreso poucos días despois, con César Ríos e Parra á fronte, que volven ser elixidos axudantes de Marcelino Fernández. En xullo de 1946 inténtase a reunificación no VII Congreso en Casaio. Cando lograron poñerse de acordo en que Marcelino Fernández, Elvira Cuadrado e Parra quedaran á fronte nunha única organización, dous ataques sorpresa consecutivos da Garda Civil acabaron coa vida de moitos deles (entre outros o líder comunista Elvira Cuadrado) e a dispersión do resto dos asistentes. O Congreso da Reunificación significou a fin da unidade antifranquista e o principio da fin da Federación Guerrilleira de León-Galicia.[1]


Marcelino de la Parra que era partidario dunha organización guerrilleira sólida e tiña moito prestixio na loita antifranquista armada, no optou por saír de España. Logo de varios meses de emboscadas policiais, atracos, mortos de ambos bandos, dispersión e perda constantes de apoios, Parra decidiu saír de España. Nunha casa de confianza de Pombriego deixou roupa vella, documentos da guerrilla e as súas armas. Decidira saír cara a Francia a través de Tarragona, onde vivían as súas irmás.[3] O antigo secretario provincial da CNT en León, que residía tamén en Tarragona, conseguiulle documentos falsificados co nome de Sebastián Fernández Paniagua. En Tarragona aloxouse na casa dunha irmá. Os datos sobre a súa detención son confusos. Parece esta irmá tiña un mozo policía que foi quen o delatou[2]. Segundo a versión oficial foi detido o 14 de maio de 1948 no tren-correo Barcelona-Valencia[1]. Segundo outras versións foi detido en Tarragona, cando se dispuña, na oficina de Correos, a enviar unha carta aos seus antigos compañeiros de guerrilla comunicándolles a inminencia da súa partida ao estranxeiro.[2]

Foi trasladado a León, onde sufriu intensos e severos interrogatorios dos que obtiveron as autoridades valiosa información do organigrama da Federación xa desaparecida. Durante anos, moitos informes policiais sobre a guerrilla en León comezaron coa frase «Según testimonio de Parra…»[1][2]. Foi condenado a morte e executado a garrote vil na prisión provincial de León o 8 de novembro de 1948. Foi soterrado no cemiterio civil de León.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Carlos G. Reigosa, El regreso de los maquis. Ediciones Júcar. 1992 ISBN 84-334-8108-8
  • Secundino Serrano, Maquis - Historia de la guerrilla antifranquista. Madrid: Temas de Hoy 2001 ISBN 84-8460-103-X
  • Secundino Serrano, La guerrilla antifranquista en León 1936-1951. Siglo XXI 1986 ISBN 84-323-0627-4
  • Gabriel Ferreras Estrada, Memorias del Sargento Ferreras. D. Prov. de León 2002 ISBN 84-95702-15-0

Outros artigos editar