María Marcela Lagarde y de los Ríos, nada en Cidade de México o 30 de decembro de 1948, é unha académica, antropóloga e investigadora mexicana, especializada en etnoloxía, representante do feminismo latinoamericano. O feminismo, segundo Lagarde, constitúe unha afirmación intelectual, teórica e xurídica de concepcións do mundo, modificacións de feitos, relacións e institucións.[1] Asociada fundadora da Rede de Investigadoras pola Vida e a Liberdade das Mulleres, é o maior referente do feminismo en Latinoamérica. Activista e teórica, dedicouse ao estudo antropolóxico da condición feminina, realizou diversas publicacións non impresas, tratando temas como o cativerio, coidado, sexualidade, amor, poder, traballo, violencia, subxectividade, relixión, dereito, maternidade, sororidade etc.[2] É autora de numerosos artigos e libros sobre estudos de xénero, feminismo, desenvolvemento humano e democracia, poder e autonomía das mulleres etc.

Infotaula de personaMarcela Lagarde

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Marcela Lagarde y de Los Ríos Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de decembro de 1948 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Membro da Câmara de Deputados do México (pt) Traducir

Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
EducaciónNational School of Anthropology and History (en) Traducir - etnoloxía Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Cidade de México Editar o valor em Wikidata
OcupaciónAntropóloga, escritora, feminista, profesora, política
Partido políticoPartido da Revolución Democrática Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Facebook: Marcela-Lagarde-263384020369637 Twitter: MarcelaLagarde1 Dialnet: 1144622 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

É catedrática da Universidade Nacional Autónoma de México. Na súa mocidade, Marcela Lagarde foi militante do Partido Comunista. Presentouse ás eleccións como candidata independente nas listas do Partido da Revolución Democrática (PRD) e foi escollida deputada no Congreso Federal mexicano entre 2003 e 2006. Durante a lexislatura destacou o seu traballo a favor dos dereitos das mulleres.

Acuñou o termo feminicidio para describir a situación en Ciudad Juárez, México e logrou a creación dunha Comisión Especial de Feminicidio no Congreso para investigar o asasinato de mulleres en Ciudad Juárez. Dirixiu a Investigación Diagnóstica sobre Violencia Feminicida na República Mexicana, pola cal se descubriu que o feminicidio non é exclusivo de Ciudad Juárez.

Promoveu o delito de feminicidio no Código Penal Federal e da Ley general de acceso de las mujeres a una vida libre de violencia, vixente en México desde o 2 de febreiro de 2007. O título da súa tese de doutoramento é Los cautiverios de las mujeres: madresposas, monjas, putas, presas y locas.[3][4][5]

Durante a súa lexislatura, os seus logros máis importantes foron o impulso á Ley general de acceso para las mujeres a una vida libre de violencia e a promoción da tipificación do delito de feminicidio por mor dos asasinatos en Ciudad Juárez, que grazas ao seu impacto nos medios propiciou levalo ao Parlamento, tamén impulsou a Ley de protección de los derechos de niñas, niños y adolescentes, a Ley federal para prevenir y eliminar la discriminación, a Ley para prevenir y sancionar la trata de personas e a Ley general para a igualdade entre mulleres e homes.[6][7]

Participou como perita no caso Campo Algodonero, no que a Corte Interamericana de Dereitos Humanos xulgou varios asasinatos en Ciudad Juárez, no que xunto con 70 colaboradoras, elaborou a metodoloxía adecuada para analizar os asasinatos excluíndo prexuízos e salientando as circunstancias que sustentan a violencia extrema.[8]

Obra editar

  • Los cautiverios de las mujeres. Madresposas, monjas, putas, presas y locas. Coordinación General de Estudios de Posgrado, UNAM. México. 2ª Edición 1993, 3ª Edición 1997, 1ª Reimpresión 2001, 2ª. Reimpresión 2003¸4ª Edición 2005, 1ª Reimpresión 2006. (884 p) (ISBN 968-36-9073-4)
  • Género y feminismo. Desarrollo humano y democracia. Cuadernos Inacabados No. 25. Horas y HORAS la Editorial. España. (2ª Edición 1997, 3ª Edición 1999) 244 p.
  • Para mis socias de la vida. Claves feministas para el poderío y la autonomía de las mujeres, los liderazgos entrañables y las negociaciones en el amor. Cuadernos Inacabados No. 48. Horas y HORAS la editorial. España. 489 p
  • Identidad de género y derechos humanos, en: Guzmán Stein, Laura y Gilda Pacheco Oreamuno (Comps.). Estudios Básicos de Derechos Humanos IV. Instituto Interamericano de Derechos Humanos / Comisión da Unión Europea. Costa Rica. p. p. 85-125.
  • La multidimensionalidad de la categoría de género y del feminismo, en: González Marín, María Luisa (Coord). Metodología para los estudios de género. Instituto de Investigaciones Económicas, Universidade Nacional Autónoma de México. México. p. p. 48-71.
  • Insurrección zapatista e identidad genérica: Una visión feminista, en: Lovera Sara y Nellys Palomo (Coords). Las alzadas. Comunicación e Información de la Mujer/Convergencia Socialista. México. p. p. 183-217.
  • Aculturación feminista en: Largo, Eliana (Ed). Género en el Estado. Estado del género. Isis Internacional Ediciones de las Mujeres No 27. Santiago de Chile. Reimpreso por El Centro de Documentación sobre la Mujer. Buenos Aires, Arxentina. 2000. p. p. 135-150.
  • El feminismo en mi vida, a súa última publicación, preséntase como antoloxía, onde inclúe diversos estilos de escritura. É unha selección dos seus textos publicados, expostos ou enunciados en diferentes espazos e diferentes países, durante máis de tres décadas. É, en palabras de Lagarde, un percorrido pola República feminista. Editorial: Horas y Horas. ISBN 9788496004597.
  • [9]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar