Marca (territorio)

entidade territorial fronteiriza dun reino na que se enfatiza un desenvolvemento militar

Unha marca, na Idade Media, era un territorio fronteirizo dun imperio ou un reino relativamente extenso. Estaban gobernadas directamente por un señor feudal (a miúdo, un marqués, cuxo nome deriva precisamente de "marca"),[1] que exercía nela poderes civís e militares, e cuxa dependencia ou independencia do poder central dependía da maior ou menor capacidad deste para manter a súa autoridade e o control efectivo sobre a totalidade do seu territorio, cuestión especialmente delicada, dada a tendencia do feudalismo á disgregación do poder.

Mapa con todos os condados da Marca hispánica e Vasconia (que non formaba parte dela), a comezos do século IX.

Estas marcas existiron en varias entidades políticas da Idade Media: no Imperio carolinxio, no Sacro Imperio Romano Xermánico e en al-Andalus.

Marcas no Imperio carolinxio editar

 
Evolución territorial do Imperio carolinxio (768-811).
 
Taifas en 1037.
Artigo principal: Imperio carolinxio.

Concretamente con esa denominación instauráronse por Carlomagno as divisións territoriais defensivas para fixar as fronteiras ante os inimigos exteriores: (árabes, na Marca hispánica; saxóns, na Marca saxoa; bretóns, na Marca bretoa; longobardos —até a súa derrota—, na Marca lombarda, e ávaros, na Marca ávara; posteriormente tamén se creou unha para os maxiares, a Marca de Friúl).

As marcas carolinxias estaban gobernadas por un marqués. Os ducados eran a unión de varios condados ou marcas baixo a autoridade dun duque.

Marcas en Al-Andalus editar

Artigo principal: Al-Andalus.

En al-Andalus estruturáronse tres marcas fronteirizas:

A división do califato de Córdoba en reinos de taifas no século XI determinou a transformación das marcas fronteirizas en reinos independentes (taifa de Zaragoza, taifa de Toledo, taifa de Badaxoz).

Notas editar

  1. Véxase a etimoloxía e a 3ª acep. da voz marqués no DRAE.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar