Marc Gené Guerrero, nado en Sabadell o 29 de marzo de 1974, é un piloto probador catalán de Fórmula 1, irmán do tamén piloto Jordi Gené, que traballa na Scuderia Ferrari, compaxinando este traballo coa competición automobilística coas Le Mans Series.

Infotaula de personaMarc Gené

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Marc Gené i Guerrero Editar o valor em Wikidata
29 de marzo de 1974 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Sabadell, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSabadell Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de automobilismo , presentador de televisión , piloto de Fórmula Un Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá, lingua castelá, lingua italiana e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
200924 Horas de Le Mans (1º) Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsJordi Gené (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webmarcgene.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: 100057887925715 Twitter: marc_gene Instagram: marcgene_official Youtube: UCQ5mLfvQh3BkpTrJURxo32g Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Gañou un lugar na máxima categoría do mundo do motor tras gañar o Campionato Fórmula Open Nissan en 1998, o que lle conseguiu unha proba co modesto equipo de F1 Minardi. Nesta proba, co apoio de Telefónica, logrou un asento oficial nese equipo.

Fórmula 1 editar

En 1999, Gené debutou na F1, logrando un punto no Gran Premio de Europa ao finalizar en sexta posición. Marc superou ao seu compañeiro de equipo Luca Badoer e foi nomeado "Mellor debutante do ano 1999". Non puido repetir a fazaña ao ano seguinte, pero volveu mostrar un rendemento maior có do seu compañeiro.

En 2001, probablemente grazas á súa grande actuación en Indianápolis, Gené pasou a formar parte da escudaría BMW Williams como piloto de probas, onde permaneceu ata o ano 2004. En 2003 disputou unha carreira como substituto do lesionado Ralf Schumacher, na que conseguiu un quinto posto. En 2004, tamén substituíu en dúas ocasións a Ralf Schumacher. Non obstante, o Williams non se mostrou moi competitivo nesas carreiras e ademais tivo problemas técnicos, logrando Gené unhas discretas posicións que o afastaron dun dos asentos oficiais en Williams que quedaban libres pola marcha de Ralf e de Juan Pablo Montoya.

A finais de 2004, Marc fichou como piloto probador de Ferrari para a tempada 2005, onde aínda permanece. A finais de 2007 renovou o contrato como piloto probador da Scuderia para a tempada 2008 xunto a Luca Badoer; pero diminuíulles o traballo a causa da redución de adestramentos dea pretempada, dado que Bridgestone se converteu na única marca subministradora de pneumáticos da Fórmula 1 desde 2007.

É dos poucos pilotos de Fórmula 1 que ademais ten unha carreira universitaria[Cómpre referencia], é licenciado en economía e fala cinco idiomas. Ademais, comenta as carreiras de F1 na canle de televisión española La Sexta.

No ano 2007, compartiu os labores de piloto de probas de Ferrari coas de piloto oficial de Peugeot na mítica carreira das 24 Horas de Le Mans e as carreiras de Le Mans Series, conseguindo o cuarto posto na clasificación xeral do campionato tras dúas vitorias (nos trazados de Monza e Silverstone).

En xuño de 2009, trala noticia de que o equipo Campos Meta tería un lugar na grella da tempada 2010 de Fórmula 1, o nome de Gené apareceu entre os posibles candidatos para conseguir un volante de piloto oficial.

O 14 de xuño de 2009, Marc Gené converteuse no primeiro español en gañar as 24 Horas de Le Mans (a pesar de liderar a carreira durante sete horas, quedara segundo o ano anterior) compartindo pilotaxe con Alexander Wurz e David Brabham ao volante dun Peugeot 908 HDI FAP.

O 21 de marzo de 2010, Gené converteuse no segundo español tras Fermín Vélez en gañar as 12 horas de Sebring compartindo pilotaxe con Alexander Wurz e Anthony Davidson ao volante dun Peugeot 908 HDI FAP.

O día 12 de agosto de 2010 filtrouse o rumor, que se demostrou falso, de que Marc Gené será piloto titular a tempada 2011 de Fórmula 1 co equipo Hispania.

Resultados completos na Fórmula 1 editar

As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva, volta rápida.

Ano Escudería 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 Posto Puntos
1999 Minardi AUS
Ret
BRA
9
SMR
9
MON
9
ESP
Ret
CAN
8
FRA
Ret
GBR
15
AUT
11
ALE
9
HUN
17
BEL
16
ITA
Ret
EUR
6
MAL
9
XPN
Ret
18° 1
2000 Minardi AUS
8
BRA
Ret
SMR
Ret
GBR
14
ESP
14
EUR
Ret
MON
Ret
CAN
16
FRA
15
AUT
8
ALE
Ret
HUN
15
BEL
14
ITA
9
USA
12
XPN
Ret
MAL
Ret
18° 0
2003 BMW Williams AUS
DNP
MAL
DNP
BRA
DNP
SMR
DNP
ESP
DNP
AUT
DNP
MON
DNP
CAN
DNP
EUR
DNP
FRA
DNP
GBR
DNP
ALE
DNP
HUN
DNP
ITA
5
USA
DNP
XPN
DNP
17º 4
2004 BMW Williams AUS
DNP
MAL
DNP
BAH
DNP
SMR
DNP
ESP
DNP
MON
DNP
EUR
DNP
CAN
DNP
USA
DNP
FRA
10
GBR
12
ALE
DNP
HUN
DNP
BEL
DNP
ITA
DNP
CHN
DNP
XPN
DNP
BRA
DNP
22º 0

Resultados nas 24 horas de Le Mans editar

Ano Coche Equipo Compañeiros Resultado
2007 Peugeot 908 Team Peugeot Total Nicolas Minassian / Jacques Villeneuve Abandono
2008 Peugeot 908 Team Peugeot Total Nicolas Minassian / Jacques Villeneuve
2009 Peugeot 908 Team Peugeot Total David Brabham / Alexander Wurz Gañador
2010 Peugeot 908 Team Peugeot Total Alexander Wurz / Anthony Davidson Abandono

Outras actividades editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar