Marburgo

cidade alemá

Marburgo é unha cidade de Hesse, Alemaña, situada no río Lahn. Ten uns 80.000 habitantes e unha pequena pero coñecida universidade, a Universidade Philipps de Marburgo.

Modelo:Xeografía políticaMarburgo
Marburg (de) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 50°49′00″N 8°46′00″L / 50.8167, 8.7667Coordenadas: 50°49′00″N 8°46′00″L / 50.8167, 8.7667
EstadoAlemaña
Estado federadoHessen
RegierungsbezirkRexión de Gießen
Rural district of Hesse (en) TraducirMarburg-Biedenkopf (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Bauerbach (1974–)
Bortshausen (1974–)
Cappel (1974–)
Cyriaxweimar (en) Traducir (1974–)
Dagobertshausen (1971–)
Dilschhausen (en) Traducir (1974–)
Elnhausen (en) Traducir (1974–)
Ginseldorf (en) Traducir (1974–)
Gisselberg (en) Traducir (1974–)
Haddamshausen (en) Traducir (1974–)
Hermershausen (en) Traducir (1974–)
Marbach (en) Traducir (1974–)
Michelbach (1971–)
Moischt (en) Traducir (1971–)
Ronhausen (en) Traducir (1971–)
Schröck (en) Traducir (1974–)
Wehrda (1974–)
Wehrshausen (en) Traducir (1974–) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación77.845 (2022) Editar o valor em Wikidata (628,24 hab./km²)
Xeografía
Superficie123,91 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Lahn Editar o valor em Wikidata
Altitude186 m Editar o valor em Wikidata
Creación1140 (Gregoriano)Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoThomas Spies (pt) Traducir (2015–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal35037, 35039, 35041 e 35043 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico06421, 06420 e 06424 Editar o valor em Wikidata
Clave de rexión en Alemaña065340014014 Editar o valor em Wikidata
Número de municipio alemán06534014 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webmarburg.de Editar o valor em Wikidata
Facebook: stadt.marburg Twitter: Stadt_Marburg Instagram: unistadt_marburg Editar o valor em Wikidata

Situación editar

É a cidade principal do distrito rural de Marburg-Biedenkopf.

A parte superior da cidade vella, preto do castelo e por riba da antiga aldea Weidenhausen, no río Lahn e a ponte son chamadas "Oberstadt" (cidade alta).

Hai casas de madeira, semellantes a algunhas casas en Alsfeld (Vogelsbergkreis).

A ruta ciclista Lahntalradweg ao longo do río une Marburgo con Gießen no sur.[1]

Historia editar

Fundación e historia antiga editar

Como moitas aldeas, Marburgo desenvolveuse ao longo de dúas importantes estradas medievais: unha "leste-oeste" que une a cidade alemá de Colonia coa cidade de Praga, e unha "norte-sur", comezando no Mar do Norte, pasando polos Alpes e continuando até Italia, cruzando neste punto o río Lahn.

 
A histórica cidade de Marburg

A aldea estaba protexida por un pequeno castelo, construído arredor do século IX ou X pola dinastía dos Giso. Marburgo é unha cidade desde 1140 d.C., segundo mostran as moedas da época.

En 1228 a condesa Isabel de Turinxia enviuvou moi nova, trasladouse de Turinxia a Marburgo, onde pretendía vivir os seus últimos anos. Dedicouse aos enfermos, converténdose despois da súa prematura morte en 1231, con 24 anos, nunha en santa, sendo canonizada no ano 1235 como Santa Isabel de Hungría.

Capital de Hesse editar

En 1264, a filla de Sta. Isabel, Sofía de Brabante, gañou a sucesión do Condado de Hesse, até ese momento ligada e submisa politicamente ao estado de Turinxia, outorgándolla posteriormente ao seu fillo, Henrique I de Hesse.

Marburgo, xunto coa cidade de Kassel, foi unha das capitais de Hesse desde ese período até aproximadamente o ano 1540. Foi capital de Hesse-Marburg de 1485 até 1500, e de novo entre 1567 e 1605. Hesse era, naqueles tempos, un dos principados máis poderosos e influentes de Alemaña. O Arcebispado de Maguncia competiu con Hesse en varias guerras e conflitos armados, que se prolongaron durante séculos, en disputas sobre o territorio.

Despois de 1605, Marburgo foi rebaixada a cidade de provincia, coñecida sobre todo pola súa universidade. Entrou en declive durante dous séculos despois da Guerra dos Trinta Anos, cando loitou en batallas por Darmstadt e Kassel. O territorio ao redor de Marburgo perdeu máis de dous terzos da súa poboación, máis que en calquera das guerras que seguiron, incluída a suma do total de vidas perdidas como resultado da primeira e segunda guerra mundial.

Reforma protestante editar

En Marburgo fundouse en 1527 a primeira universidade protestante en todo o mundo, a Universidade de Marburgo, ou "Philipps-Universität" como tamén se lle chama. Marburgo é unha das cinco cidades universitarias clásicas de Alemaña, sendo as outras catro as cidades de Friburgo en Bresgau, Gotinga, Heidelberg e Tubinga.

En 1529, Filipe I de Hesse, fundador da universidade, organizou unha reunión coñecida como Conferencia de Marburgo, co obxectivo de fomentar e promover as obras reformistas de Martiño Lutero e do teólogo suízo Ulrich Zwingli, líderes da Reformas Protestantes en Alemaña e Suíza, respectivamente.

Romanticismo editar

Debido ao seu esquecemento e decadencia ao longo do século XVIII, Marburgo, así como Rye (en Inglaterra) e Chartres (en Francia), sobreviviu como unha cidade gótica relativamente intacta, simplemente porque non se investiu diñeiro en ningún tipo de construción ou expansión arquitectónica. Cando o romanticismo se converteuse no paradigma e a corrente cultural e artística dominante en Alemaña, Marburgo volveu xurdir no seu antigo esplendor, atraendo a centos de líderes do movemento que viviron alí, ensinaron e estudaron. Formaron un círculo de amizade que chegou a ser sumamente importante, especialmente nos campos da literatura, a filoloxía, o folclore e o dereito. O grupo incluía a Friedrich Carl von Savigny, o xurista máis importante da súa época e pai da adaptación alemá de Lei Romana; os poetas, escritores e activistas sociais Achim von Arnim, Clemens Brentano, e a novelista Bettina von Arnim, filla do primeiro e esposa do segundo. Os máis recoñecidos internacionalmente foron, porén, os Irmáns Grimm, famosos en todo o mundo polos seus conto de fadas, que buscaron inspiración en Marburgo para moitas das súas historias. Foi no Kaiser-Wilhelm-Turm, unha torre situada nos outeiros de Marburgo, onde os irmáns Grimm basearon para escribir o conto de Rapunzel.

Cidade prusiana editar

Na Guerra austro-prusiana de 1866, Hesse derrotou a Austria; Prusia invadiu e anexionou, sen derramamento de sangue, os territorios de Hesse-Kassel, así como Hannover, Frankfurt e algúns outros asentamentos adxacentes ao norte do río Meno. Para Marburgo este xiro de acontecementos resultou positivo, xa que Prusia decidiu facer de Marburgo o seu principal centro administrativo na nova provincia de terras rececentemente conquistadas, e converter a universidade nun dos principais centros académicos do estado. Marburgo comezou a atraer a moitos investigadores e profesores famosos.

Século XX editar

O discurso de Marburgo editar

Franz von Papen, vicerreitor de Alemaña en 1934, pronunciou un discurso na Universidade de Marburgo o 17 de xuño dese ano. Considérase o último discurso pronunciado publicamente, e nun alto ton de censura, contra o nazismo que dominaba Alemaña. Este discurso contribuíu a que varios membros do seu equipo de goberno fosen torturados e asasinados polo réxime nazi.

Marburg tamén é hoxe o centro dunha das escolas para persoas con discapacidade visual máis coñecidas do mundo. Os carrís de cruzamento das rúas están dotados de sinais sonoras que permiten aos deficientes visuais saber cando poden ou non cruzar, facilidades á hora de tomar calquera transporte público, marcas de textura en rúas e beirarrúas, e outras características.

Galería editar

 

Xeografía editar

O val de Lahn está rodeado por cadeas de outeiros chamadas Lahnberge e Marburger Rücken nas Terras Altas Centrales (Mittelgebirge), parte das Terras Altas de West Hesse. Os distritos da cidade de Cyriaxweimar, Elnhausen, Michelbach e Schröck están ao outro lado destas dúas cadeas de outeiros.

 
Mapa con partes centrais, liña de ferrocarril chamada " Main-Weser-Bahn" a Frankfurt (no sur) e Kassel. Río Lahn en cor azul.

Notas editar

Véxase tamén editar