Mar dos Argazos

mar

O Mar dos Argazos (ás veces citado como Mar dos Sargasos ou Mar dos Sargazos), é unha rexión do océano Atlántico setentrional que se estende entre os meridianos 70º e 40º O e os paralelos 25º a 35º N, e que nos séculos XVII ó XVIII tivo a tétrica fama de ser lugar de cemiterio de buques de navegación a vela. Abrangue parte do sector chamado Triángulo das Bermudas.

Mar dos Argazos
Mar dos Sargasos
Mar dos Sargazos
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Atlántico
Accidentes
OutrosTriángulo das Bermudas
Características
Superficie3 500 000 km²,
Lonxitude máxima3 200 km
Anchura máxima1 100 km
Profundiade máxima7 000 m
Outros datos
DescubrimentoCristovo Colón
Mapa

Mapa do Mar dos Argazos, con indicación das correntes mariñas circundantes.

O mar dos Argazos, delimitado polas correntes oceánicas do Atlántico Norte

Características físicas editar

O sector, cunha superficie total —aínda que variable— de 3 500 000 km², que se caracteriza pola frecuente ausencia de ventos, correntes mariñas, e a abundancia de plancto e algas, estas últimas formando «bosques» mariños superficiais que poden estenderse de horizonte a horizonte e constituíron xunto ás «calmas chichas» un formidable obstáculo para a navegación dende a época do descubrimento de América. As correntes circundantes intercéptanse tanxencialmente impulsando as augas interiores nun lento círculo de sentido horario e concéntrico, cun amplo centro que non ten movemento aparente e é dunha calma eólica notable. En efecto, a área, de forma ovalada, é de límites difusos xa que non baña terra firme —coa única excepción das illas Bermudas— , e os seus límites constitúenos importantes correntes oceánicas: ó Oeste a Corrente do Golfo, ó Norte a Corrente do Atlántico Norte e ó Sur unha das correntes ecuatoriais.

As correntes que o circundan determinan un sistema de augas superficiais relativamente cálidas que se moven moi lentamente en sentido horario, sobre as augas máis profundas do océano, moito máis frías e densas. Esta estratificación da auga por densidades, provocada pola diferenza de temperatura, ten importantes consecuencias ecolóxicas. Nas augas superficiais, onde chega a luz, abunda o plancto vexetal, que consome sales como os fosfatos e os nitratos. Debido á diferenza de densidade, a auga da superficie apenas se mestura coa auga fría e rica en minerais das capas inferiores, que podería repoñer os sales consumidos. Por esta razón, nas rexións superiores do Mar dos Argazos apenas existe vida animal, e carecería de interese biolóxico de non ser pola alga que lle presta o nome, o argazo do xénero Sargassum, que forma grandes campos, rebosantes de organismos mariños.

O Mar dos Argazos foi un dos descubrimentos de Cristovo Colón na súa primeira viaxe a América e no século seguinte comezou a xestarse a fama de cemiterio de barcos.

Historia da súa denominación editar

Foron os navegantes portugueses os que lle puxeron o nome á alga e ó mar. As algas do xénero Sargassum forman grandes conxuntos enleados, que se manteñen a flote por medio de vinchas cheas de gas, e esténdense ata o horizonte. Con frecuencia, os barcos portugueses víanse freados polas algas, e incluso chegaban a quedar atascados nelas, o cal lles daba ás tripulacións tempo de sobra para estudar a planta. Como procedían dun país onde abundaban as viñas, os conxuntos de vinchas de gas parecéronlles acios de uvas dunha variedade denominada salgazo. Así foi como os portugueses lle deron ó Mar dos Sargazos o seu nome. As especies do xénero Sargassum están emparentadas cun grupo de algas que adoitan crecer adheridas ás rochas próximas ás costas, pero adaptáronse por completo á vida peláxica, isto é, en mar a fóra, e agora aboian nas capas superiores do océano.

O Mar dos Argazos é tamén o lugar elixido polas anguías para a desova.

Outros datos editar

As características singulares do Mar dos Argazos, cunha extensión equivalente a 1/3 da superficie dos Estados Unidos constituíu un formidable obstáculo para a navegación martíma nos tempos dos veleiros, inspirando innumerables lendas e mitos sobre os cales posteriormente se crearon obras de ficción:

  • O escritor William Hope Hodgson ambientou no Mar dos Argazos varios dos seus contos de terror mariño, nun estilo similar ó de H.P. Lovecraft.
  • O «mar superargazo» sería a dimensión onde van as cousas perdidas, segundo propuxo Charles Hoy Fort, escritor e investigador de fenómenos anormais.
  • O libro de A. Bertram Chandler «Into the alternate universe» (No Universo Alternativo) parece estar inspirado na idea de Fort, xa que describe un «supermar» no espazo, onde os protagonistas descobren moitas naves espaciais e mariñas perdidas, algunhas históricas e outras ficticias, que «atravesaron unha barreira dimensional».
  • Ernesto Sábato cítao tamén en "Sobre heroes e tumbas" (Sobre héroes y tumbas), tamén como unha fortaleza infranqueable.
  • Julio Cortázar menciónao tamén na súa "Prosa do Observatorio" (Prosa del Observatorio).
  • Unha das lendas relativas ó Mar dos Argazos parte da crenza errónea dos mariños sobre que a abundancia de algas era sinal de baixíos, o cal os levou a situar alí o «continente afundido» da Atlántida. En realidade, a zona ten unha profundidade media de máis de 4500 metros.
  • O Mar dos Argazos é o único definido polas características físicas e biolóxicas que non inclúen a presenza de costas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Coordenadas: 28°20′08″N 66°10′30″O / 28.33556, -66.17500