Mar de Visayas

mar

O Mar de Visayas é un mar interior de Filipinas, un pequeno mar que xeralmente se considera parte do mar de Filipinas (á súa vez parte do océano Pacífico), situado no interior do arquipélago das illas Visayas, Visayas orientais e Visayas occidentais situadas ao leste e oeste, mentres que o Visayas centrais están situadas ao sur. Está limitada polas illas Masbate ao norte, Leyte ao leste, Cebú e Negros no sur e Panay ao oeste.

Mar de Visayas
Localización administrativa
EstadoModelo:PHI
DivisiónRexións de Visayas Centrais (VII), Visayas Orientais (VIII) e Occidentais (VI)
Localización xeográfica
Océano / MarMar de Filipinas (Pacífico)
ContinenteAsia
ArquipélagoVisayas (arquipélago filipino)
Illa/sMasbate, Leyte, Cebú, Negros e Panay
Coordenadas11°30′00″N 123°40′00″L / 11.50000, -123.66667Coordenadas: 11°30′00″N 123°40′00″L / 11.50000, -123.66667
Xeografía
Mares contiguosSibuyan, Samar, Camotes, Bohol e Sulu
Illas interioresBantayan
Accidentes
EstreitosCanle Jintotolo, estreito de Tañón e estreito de Guimaras
Características
Mapa
Mar de Visayas en Filipinas
Mar de Visayas
Mar de Visayas

Localización no centro das illas Filipinas

Xeografía editar

O mar de Visayas é un mar de Filipinas situado no interior do arquipélago das Visayas. Ten límites:

  • Ao norte, a canle Jintotolo, que comunica co mar Sibuyan e a costa sur da illa de Masbate;
  • Ao leste, o Mar de Samar e a costa occidental da illa de Leyte;
  • Ao sur, o mar de Camotes, a costa setentrional da illa de Cebú, o estreito de Tañón, que comunica co mar de Bohol, e a costa setentrional da illa de Negros;
  • Ao oeste, o Estreito de Guimaras, que se conecta co mar de Sulu despois de atravesar o Golfo de Panay e a costa oriental da illa de Panay.

A illa máis grande dentro deste mar é a illa Bantayan.

Notas editar

Véxase tamén editar