O mar de Savu (en indonesio, Laut Sawu) é un pequeno mar do océano Índico localizado no interior do arquipélago indonesio, nomeado así pola illa de Savu (Sawu), cuxas augas pertencen a Indonesia e Timor Leste.

Mar de Savu
Laut Sawu
Localización administrativa
Estado Indonesia, Timor Leste
División Provincia de Nusatenggara Oriental
Distritos de Oecussi-Ambeno, Bobonaro, Liquiçá e Dili
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Índico
ContinenteOceanía
Illa/sFlores, Lembata, Timor, Roti, Savu e Sumba
Coordenadas9°32′23″S 122°00′12″L / -9.53972, -122.00333
Xeografía
Mares contiguosMar de Flores, mar de Banda e mar de Timor
Accidentes
EstreitosEstreito de Sumba e estreito de Ombai
Características
Lonxitude máxima600 km (E-O)
Anchura máxima200 km (N-S)
Profundiade máxima3.500 m.
Mapa

Mapa da rexión de mar de savu

Xeografía editar

Os seus límites son:

O mar de Savu ten unha profundidade máxima duns 3.500 m. Esténdese ao redor de 600 km de oeste a leste, e 200 km de norte a sur. A cidade máis grande no litoral do mar é Kupang, capital da provincia de Nusa Tenggara Oriental na illa de Timor, cunha poboación de máis de 450.000 habitantes.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar