O mar de Ross é unha baía profunda entre o Océano Glacial Antártico e a Antártida entre a Terra de Vitoria e a Terra de Marie Byrd, ao sur de Nova Zelandia. Foi descuberto por James Clark Ross en 1841. No oeste do mar de Ross atópanse a Illa Ross e o monte Erebus, famoso volcán e no oeste a Illa Roosevelt. A parte meridional está cuberta por unha plataforma xeada: a Barreira de xeo de Ross. Roald Amundsen comezou a súa expedición ao Polo Sur en 1911 desde a Baía das Baleas, que se atopa na placa de xeo. Na parte occidental do mar de Ross, o estreito de McMurdo é un porto normalmente libre dos xeos durante o verán. A zona máis ao sur do mar de Ross é a costa de Gould, a uns trescentos quilómetros do Polo Sur Xeográfico.

Mar de Ross
Ross Sea
Localización administrativa
Estado Tratado Antártico
Reinvindicado por Nova Celandia (Dependencia Ross)
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Glacial Antártico
ContinenteAntártida
Xeografía
SubdivisiónsBarreira de xeo de Ross
Illas interioresIlla Roosevelt (7 500 km²) e illa Ross (2 460 km²)
Accidentes
Golfos e baíasBaía das Baleas
EstreitosEstreito de McMurdo
Características
Superficie958 000 km²[1]
Mapa

Mapa da Antártida. Ao sur, do continente, o mar de Ross

Mar de Ross como parte do océano Antártico

Case todas as terras emerxidas a beiras do mar de Ross están baixo reclamación de Nova Zelandia, segundo a cal estarían baixo a xurisdición da Dependencia Ross. A maior parte dos países que non pertencen á Commonwealth non aceptan esta reivindicación, que se atopa conxelada polo Tratado Antártico.

Notas editar

  1. Geo-data : the world geographical encyclopedia / John F. McCoy, project editor.-- 3ª ed., Thomson Gale, 2002. ISBN 0-7876-5581-3.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar