O mar de Okhotsk (do ruso Ojótskoe more, Охотское море) é a parte máis occidental do océano Pacífico, que se atopa rodeado pola Península de Kamchatka e as disputadas Illas Kuriles polo leste; a illas xaponesa de Hokkaido polo sur; e a illa de Sakhalin, a provincia de Amur en Siberia e Siberia oriental dende as illas Sahantar até Ojotsk polo oeste.

Mar de Ojotsk
Охотское море - Ojótskoe more - オホーツク海 - ohōtsuku-kai
Localización administrativa
EstadoRusia Rusia
Xapón
División Krai de Kamchatka
Óblast de Magadán
Krai de Khabarovsk
Óblast de Sakhalin
Prefectura de Hokkaidō (XAP)
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Pacífico
ContinenteAsia
ArquipélagoIllas Kuriles
Xeografía
Mares contiguosMar do Xapón
Illas interioresIllas de Sakhalin (76.400 km²), Gran Chantar (1.766 km²) e Feklistova (372 km²) (RUS)
Hokkaido (83.453,57 km²) (XcAP)
AfluentesRíos Penjina (713 km), Yana, Juren, Arka, Uda (457 km) e Amur (4.494 km)
Cidades ribeiregasMagadán, Palana e Yuzhno-Sajalinsk (RUS)
Abashiri, Monbetsu e Wakkanai (en Hokkaidō, Xapón)
Accidentes
Golfos e baíasGolfo de Shélijov, golfo de Tauisk, baía do Uda, golfo de Sakhalín, golfo da Paciencia (Sakhalín)
CabosCabo Elisabeth (Sakhalín)
Características
Superficie1 583 000 km²
Lonxitude máxima2.450 km (SO-NE)
Anchura máxima1.400 km (SE-NO)
Profundiade máxima3.774 m
Profundidade media777 m
Outros datos
Áreas protexidasVolcáns de Kamchatka (RUS)
Parque nacional de Shiretoko (XAP)
Mapa

Localización do mar de Ojotsk

Mapa batimétrico do mar de Ojotsk

Cobre unha superficie de 1 583 000 km², cunha profundidade media de 821 metros e máxima de 3.521 [1]. A maior parte do mar, excepto a área que rodea as illas Kuriles, está conxelado durante todo o inverno. A única illa que non se atopa preto das costas é a diminuta Illa de San Xonás. En verán, os iceberg derrétense e o mar volve ser navegable.

En xaponés o nome do mar chámase Ohotsukukai (オホーツク海) polo préstamo do nome ruso.

Notas editar

  1. "GIWA REGIONAL ASSESSMENT 30 SEA OF OKHOTSK" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de febreiro de 2012. Consultado o 11 de marzo de 2013. 

Véxase tamén editar