Mar de Chukchi

mar

O mar de Chukchi (en ruso Чуко́тское мо́ре Txukótskoie more, en inglés Chukchi Sea) é a parte do océano Ártico situada entre Chukotka (no extremo oriental de Asia) e Alasca (no extremo occidental de América). O estreito de Bering, no sur, conéctao co mar de Bering e co océano Pacífico. Ao oeste, limita co mar de Siberia Oriental e a illa de Wrangel, e ao leste confúndese co mar de Beaufort.

Mar de Chukchi
Чукотское море
Localización administrativa
EstadoEstados Unidos de América Estados Unidos
Rusia Rusia
DivisiónAlasca (EUA)
Chukotka (RUS)
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Ártico
ContinenteAmérica do Norte - Asia
Xeografía
Mares contiguosSiberia Oriental, Bering e Beaufort
SubdivisiónsKotzebue Sound (EUA)
Illas interioresIlla de Wrangel e illas Diómedes
AfluentesKobuk (451 km), Kukpowruk (257 km), Noatak (675 km), Utukok (290 km) e Wulik (128 km) (EUA)
Amguyema (498 km) e Chantalveergyn (RUS)
Cidades ribeiregasKotzebue, Kivalina, Point Hope, Wainwright e Barrow (EUA)
Uelen (RUS)
Accidentes
Golfos e baíasBaía Peard (EUA)
Baía de Koljucin (RUS
CabosPunta Barrow e punta Hope (EUA)
PenínsulasPenínsulas de Seward (na península de Alasca) e a península de Chukchi (na península de Kamchatka)
Características
Superficie595 000 km²
Profundiade máxima1256 m
Outros datos
Áreas protexidasBering land Bridge national Preserve
Cape Krusenstem National Mon.
Mapa

Localización do mar de Chukchi

Vista satélite
Mapa do mar de Chukchi

Ten unha superficie aproximada de 595.000 km² e só é navegable uns catro meses ao ano. Máis da metade do mar de Chukchi (un 56%) ten unha profundidade inferior aos 50 m.

Este mar chámase así polos chukchis, que viven nas súas costas. A rexión do extremo oriental de Siberia de onde é orixinario este pobo chámase Chukotka.

O porto principal é Uelen, no estreito de Bering.

Véxase tamén editar