Mar de Alborán

parte máis occidental do mar Mediterráneo

O mar de Alborán é a parte máis occidental do mar Mediterráneo. Limita ao norte coa costa peninsular española, ao sur coas costas africanas de Marrocos, España (Ceuta, Melilla, Chafarinas, Alhucemas e Vélez da Gomera) e Alxeria, e ao oeste co estreito de Xibraltar, que conecta o Mediterráneo co Atlántico. As súas augas cobren desde o estreito de Xibraltar ata o cabo de Gata e a cidade de Orán.

Mar de Alborán
بحر البوران / Alboran Sea'
Localización administrativa
EstadoEspaña España
Reino Unido Reino Unido
Marrocos Marrocos
Alxeria
DivisiónEspaña España
  • Murcia
  • Almería
  • Granada
  • Málaga
  • Cádiz
  • Ceuta
  • Melilla
    Reino Unido Reino Unido
  • Xibraltar
    Marrocos Marrocos
  • Tánxer-Tetuán
  • Taza-Alhucemas-Taunat
  • La Oriental
    Alxeria
  • Tlemcen
  • Aïn Témouchent
  • Localización xeográfica
    Océano / MarMar Mediterráneo
    ContinenteEuropa e África
    ArquipélagoAlborán
    Xeografía
    Mares contiguosOcéano Atlántico
    AfluentesRío Guadalhorce, río Adra (ESP) e río Nekor (MAR)
    Cidades ribeiregasEspaña Málaga, Almería e Cartaxena
    Marrocos Marrocos Alhucemas e Nador
    Accidentes
    Golfos e baíasBaía de Málaga e Baía de Alhucemas
    CabosCabo de Gata e cabo de Tres Forcas (ESP), cabo Quilates (MAR) e cabo Fegalo (DZA)
    EstreitosEstreito de Xibraltar
    Características
    Lonxitude máxima350 km (E-O)
    Anchura máxima180 km (N-S)
    Profundiade máxima2 200 m (zona oriental)
    Profundidade media1 000 m
    Mapa

    Mapa da Península Ibérica mostrando o mar de Alborán o sur.

    Debe o seu nome á illa de Alborán, situada a medio camiño entre as costas de España e Marrocos e que pertence ao concello español de Almería.

    Xeografía editar

     
    Estreito de Xibraltar e mar de Alborán.

    Duns 180 km de ancho en dirección N-S e uns 350 km de lonxitude en dirección E-O, está situado no centro da rexión xeolóxica do arco de Xibraltar. A profundidade media do mar de Alborán é duns 1000 m, aínda que a profundidade máxima supera os 2200 m no zona oriental.

    Hai varias pequenas illas entre as que destaca a Illa de Alborán, situada na zona central. A maioría destas illas están baixo soberanía española, aínda que se atopen preto da costa marroquí.

    Xeoloxía volcánica editar

    A maior parte dos montes submarinos son de orixe volcánica, agás os que están fronte das costas africanas. Todos os montes volcánicos están compostos de basalto e grandes coadas de lavas que datan do Mioceno. O volcán submarino máis coñecido do mar, é o banco de Chella (Seco de los Olivos). Trátase dun estratovolcán submarino, situado fronte as costas de Almería. Data do Mioceno, e ten un aspecto cónico cunha gran caldeira, erosionado por mor das presións mariñas.

    Correntes editar

    As correntes superficiais do mar de Alborán flúen cara ao leste, achegando auga atlántica ao Mediterráneo. As correntes submarinas flúen cara ao oeste, levando as augas mediterráneas, máis quentes e salgadas, cara ao Atlántico. A iso hai que engadir o efecto superficial dos ventos, que ao nivel da superficie mariña, son dominantes do leste (coñecido como "Levante") a oeste.

    Todo o conxunto de correntes, dá lugar a unha gran riqueza faunística, moi específica da zona, que desde a antigüidade, atraeu ao ser humano a esta área, polo que queda en conexión o medio físico e xeográfico co humano.

    Disto dedúcese unha gran cantidade de fundacións de localidades, que perviviron ao longo dos tempos.

    Ecoloxía editar

     
    Golfiño nariz de botella.

    O mar de Alborán é unha zona de transición entre os dous mares, sendo unha mestura de ambos ecosistemas. É o hábitat da maior poboación de golfiños nariz de botella do Mediterráneo occidental, o fogar da última poboación de marsopas comúns do Mediterráneo, e o máis importante campo de alimentos de tartarugas mariñas de Europa. O mar de Alborán aloxa tamén importantes pesqueiras de sardiña e peixe espada.

    Contorna editar

    Un arco montañoso, coñecido como o arco de Xibraltar, rodea ao mar de Alborán polo sur, oeste e norte. Está formado pola cordilleira Bética do sur de España e as montañas do Rif de Marrocos. Este arco, coñecido en ecoloxía como complexo bético-rifeño é un dos puntos máis importantes en biodiversidade do Mediterráneo; do mesmo xeito que o mar de Alborán, o complexo bético rifeño é unha transición entre as ecoloxías do Mediterráneo e do Atlántico. A influencia moderadora do Atlántico permitiu que moitas especies das montañas béticas e rifeñas sobrevivan ás flutuacións climáticas dos últimos millóns de anos que provocaron o seu extinción fose da conca Mediterránea.

    Véxase tamén editar