Mar Fernández Vázquez

María del Mar Fernández Vázquez, nada o 2 de febreiro de 1973[onde?], é unha investigadora e profesora universitaria galega.

Infotaula de personaMar Fernández Vázquez
Nome orixinal(es) María del Mar Fernández Vázquez Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de febreiro de 1973 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilóloga , escritora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Vigo (2018–)
Universidade de Santiago de Compostela (2014–2016)
Universidade de Santiago de Compostela (2012–2014)
Universidade de Santiago de Compostela (2012–)
Universidade de Santiago de Compostela (2011–2012)
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (2008–2011) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 4143 AELG: 430 Dialnet: 775792

Traxectoria editar

 
Na imaxe (2016), de esquerda a dereita, as filólogas Isabel Mociño, Carmen Ferreira Boo, Mar Fernández Vázquez, Blanca-Ana Roig Rechou, Eulalia Agrelo Costas, Isabel Soto e Marta Neira, redactoras da obra Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, publicada en 2015 por Xerais.

Licenciouse en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela. Foi bolseira en distintos proxectos de investigación e participou en distintos traballos e publicacións dirixidos por Blanca-Ana Roig, en especial ao redor da literatura infanto-xuvenil galega. Moitos deses traballos engrosaron publicacións colectivas.

Colaborou na Gran Enciclopedia Galega con varios artigos e nos Informes de literatura (con Esther de León Viloria) entre o 2007 e o 2009. A partir de 2018 dá clase de didáctica das linguas e de literatura infantil e xuvenil na Universidade de Vigo.[1]

Obras editar

  • El gusano de seda y la araña, adaptación da obra de Tomás de Iriarte, ilust. Jon González Arroyo (Hércules de Ediciones, 2013). Publicado tamén en galego como O verme de seda e a araña.

Notas editar

  1. "Mª del Mar Fernández Vázquez". Universidade de Vigo (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2023. Consultado o 2023-02-05. 
  2. "Ficha do libro". Edicións Xerais de Galicia. Consultado o 2023-02-05.