María Uriz

cantante lírica galega

María de la Asunción Uriz Mosquera, máis coñecida como María Uriz, nada na Coruña o 21 de agosto de 1946, é unha soprano galega.

Infotaula de personaMaría Uriz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de agosto de 1946 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónConservatorio Superior de Música do Liceo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante de ópera Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá Editar o valor em Wikidata
TesituraSoprano Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm3807749 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Mentres estudaba o Bacharelato Superior, iniciou os estudos de piano, música de cámara e Arte Dramática no Conservatorio de Música da súa cidade natal. Ó rematar o estudos, e grazas a que o seu irmán era membro da Coral Polifónica o Eco, deu os seus primeiros pasos no mundo da ópera. Despois diso iniciou a carreira de canto concluíndoa no Conservatorio Superior de Música do Liceo.

Na década dos 70 obtivo as bolsas March e Castellblanch, o que lle permitiu trasladarse a Italia para ampliar os seus estudos.[1] Posteriormente obtivo tamén a bolsa Agustín Pedro y Pons e o premio de Canto Eugenia Kémeny. Pouco despois foi requirida polas autoridades, para actuar na recepción que anualmente e no Palacio Municipal da Coruña, realizaba o entón Xefe do estado Francisco Franco e os seus ministros. Durante catro anos, e baixo a dirección de Elvira de Hidalgo (Elvira Rodríguez de Hidalgo), famosa soprano, mestra de Maria Callas, realizou estudos de técnica vocal e escénica en Milán (Italia).

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar