María Miramontes

activista e intelectual galega

María Dolores Miramontes Mato, nada en Guísamo (Bergondo) o 6 de abril de 1895 e finada en Buenos Aires en 1964, foi unha activista e intelectual rexionalista galega.[1]

Infotaula de personaMaría Miramontes

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de abril de 1895 Editar o valor em Wikidata
Guísamo, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de setembro de 1964 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónIntelectual , política Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeÁnxel Casal

Traxectoria editar

María Miramontes, tecedora dun país. Documental de Nós TV

Filla de xornaleiros, trasladouse coa súa familia á Coruña, onde comeza a traballar nun obradoiro de costura aos 11 anos. Nesta cidade relaciónase con outras mulleres que terán un papel moi destacado no galeguismo e no republicanismo como Elvira Bao Maceiras e Amparo López Jeán.

Militou nas Irmandades da Fala e en 1918 formou parte da súa Xunta Directiva. En 1920 casou con Ánxel Casal, abriron xuntos unha tenda de tecidos, na que traballou de costureira. O matrimonio puxo en marcha outras moitas iniciativas. Fundaron a Editorial Lar e posteriormente a Editorial Nós e dirixiron as Escolas de Insiño Galego, ensino bilingüe e inspirada nos principios da Institución Libre de Enseñanza. Coa proclamación da II República e o ingreso no Partido Galeguista, trasladáronse a Santiago de Compostela, onde seguiu a traballar de costureira. No ámbito político, colaborou na campaña a favor do Estatuto de Autonomía.

Tras o asasinato do seu marido na guerra civil, embarcou na Coruña rumbo a Buenos Aires en novembro de 1936. Na capital arxentina traballou de modista e casou cun curmán, Pedro Miramontes. Mantivo contacto con representantes do exilio galego como Luís Seoane e Maruxa Seoane. Morreu no Sanatorio do Centro Galego de Bos Aires.

Recoñecementos editar

No ano 2007 o concello de Santiago de Compostela púxolle o seu nome a unha rúa.

Notas editar

  1. Otero Cepeda, Encarna. "María Miramontes". culturagalega.gal. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar