María Jesús Montero

política española

María Jesús Montero Cuadrado, nada o 4 de febreiro de 1966 en Sevilla,[1] é unha política española, membro do PSOE foi nomeada ministra de Facenda do Goberno de España en xuño de 2018.

María Jesús Montero
Nome completoMaría Jesús Montero Cuadrado
Nacemento4 de febreiro de 1966
Lugar de nacementoSevilla
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Sevilla
Ocupaciónpolítica e médica
Na rede
Facebook: mjmonteroc Twitter: mjmonteroc Dialnet: 993236 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Sevilla, e técnico de Función Administrativa de hospitais. Ocupou varios postos de responsabilidade ao longo da súa traxectoria profesional, fundamentalmente ligados á especialización da xestión sanitaria.

Entre setembro de 2002 e abril de 2004 ostentou o cargo de viceconselleira de Saúde da Xunta de Andalucía, tras o que foi nomeada titular da Consellería de Saúde, responsabilidade que desempeñou ata maio de 2012, data desde a que asume a carteira de Saúde e Benestar Social. Desde o 9 de setembro de 2013 ata o 6 de xuño de 2018 foi conselleira de Facenda e Administración Pública da Xunta de Andalucía. Entre 2008 e 2018 foi tamén deputada no Parlamento de Andalucía.

O 7 de xuño de 2018 tomou posesión como ministra de Facenda do goberno de Pedro Sánchez,[2] despois de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy.

Cargos exercidos editar

  • Viceconselleira de Saúde da Xunta de Andalucía (2002-2004).
  • Conselleira de Saúde e Benestar Social da Xunta de Andalucía (2004-2012).
  • Deputada por Sevilla no Parlamento de Andalucía (2008-2018).
  • Conselleira de Saúde da Xunta de Andalucía (2012-2013).
  • Conselleira de Facenda e Administración Pública da Xunta de Andalucía (2013-2018).
  • Ministra de Facenda do Goberno de España (2018)

Notas editar

  1. "Montero Cuadrado, María Jesús". parlamentodeandalucia.es. Consultado o 19-03-2019. 
  2. "Los ministros del Gobierno de Pedro Sánchez". elpais.com. 7-6-2018. Consultado o 19-03-2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar