María Gloria Elizo

política española

María Gloria Elizo Serrano, nada en Madrid o 11 de decembro de 1966 é unha letrada española, política de Podemos e actual vicepresidenta cuarta do Congreso dos Deputados.[1][2]

Infotaula de personaMaría Gloria Elizo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de decembro de 1966 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Deputada de España
Representa: Unidas Podemos

3 de decembro de 2019 –

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputada de España
9 de maio de 2019 –

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputada de España
8 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019

Circunscrición electoral: Toledo (en) Traducir

Deputada de España
30 de decembro de 2015 – 19 de xullo de 2016

Circunscrición electoral: Toledo (en) Traducir

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPodemos
Unidas Podemos Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Facebook: GloriaElizo Twitter: GloriaElizo Instagram: gloriaelizo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciada en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, empezou a traballar como letrada especializada en dereito Penal e Civil. Socia durante doce anos dun despacho de avogados, no ano 2002 foi nomeada xuíza substituta no xulgado de Úbeda (Xaén), establecéndose pola súa conta acabado este período.[3][4]

Coa aparición de Podemos fíxose cargo da súa representación legal. Como tal, encargouse das querelas contra Esperanza Aguirre e Eduardo Inda por acusar a Pablo Iglesias de colaborar con ETA e a Podemos de recibir financiamento de Venezuela.[5] Tamén impulsou, xunto co avogado Jaume Asens e o exfiscal Carlos Jiménez Villarejo, as querelas contra Jordi Pujol e Marta Ferrusola e colaborou no contacto que o partido mantivo con distintos colectivos profesionais.

En novembro de 2014, presentou xunto a Jiménez Villarejo o documento anticorrupción que foi aprobado na asemblea constituínte «Si Se Puede» de Podemos.[6] Ao termo da mesma foi elixida presidenta da Comisión de Garantías Democráticas de Podemos co 86,12% dos votos.[7]

Participou de forma activa nas eleccións xerais de 2015, coordinando o programa de anticorrupción e poder xudicial, sobre cuxa reforma publicou varios documentos.[8][9] Tras as primarias, presentouse como cabeza de lista da candidatura de Podemos ao Congreso dos Deputados pola circunscrición de Toledo. Foi a única candidata de Podemos que conseguiu un escano en Castela-A Mancha.

O 13 de xaneiro de 2015, data na que se constituíu a cámara baixa, foi elixida vicepresidenta terceira do Congreso co apoio de 71 deputados.[10][11]

Nas eleccións xerais do 26 de xuño revalidou o escano por Toledo, obtendo con Teresa Arévalo por Albacete un segundo escano para a Coalición Unidos Podemos en Castela-A Mancha.

O 19 de xullo de 2016 foi elixida vicepresidenta cuarta do Congreso dos Deputados.

Notas editar

  1. "PODEMOS - Gloria Elizo". transparencia.podemos.info. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2017. Consultado o 15 de xaneiro de 2016. 
  2. Elizo Serrano, María Gloria, na páxina do Congreso.
  3. CGPJ. "BOE 17-07-2002" (PDF). Consultado o 16 de xaneiro de 2015. 
  4. "Gloria Elizo Serrano". es.linkedin.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2016. Consultado o 15 de xaneiro de 2016. 
  5. "La lista de nombres propuesta por Iglesias logra todos los puestos en la dirección de Podemos". eldiario.es. Consultado o 15 de xaneiro de 2016. 
  6. "Así es la resolución contra la corrupción aprobada por Podemos". eldiario.es. Consultado o 16 de xaneiro de 2016. 
  7. País, Ediciones El (16 de novembro de 2014). "Los 62 de Podemos". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2016. 
  8. País, Ediciones El (13 de xaneiro de 2016). "Así son los nuevos integrantes de la Mesa del Congreso". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2016. 
  9. "La Justicia: hay que reinventarla". Espacio Público. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2021. Consultado o 16 de xaneiro de 2016. 
  10. "El PP suma con C’s mayoría en la mesa del Congreso". Okdiario.com (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2016. 
  11. "Patxi López aboga en el Congreso por "el diálogo y el entendimiento"". Expansión.com. Consultado o 16 de xaneiro de 2016.