María Escudero Escribano

química española

María Escudero Escribano, nada o 3 de xuño de 1983 en Cáceres, é unha química española e directora do Grupo de Nanoelectroquímica da Universidade de Copenhague.[1] A súa investigación inclúe o deseño de materiais para a catálise, pilas de combustible e química sostible.

Infotaula de personaMaría Escudero Escribano

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xuño de 1983 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Cáceres, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Madrid
Universidade da Estremadura (pt) Traducir
Instituto de Química-Física Rocasolano Editar o valor em Wikidata
Director de teseAngel Cuesta (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira química Editar o valor em Wikidata
EmpregadorCatalan Institute of Nanoscience and Nanotechnology (en) Traducir (2022–)
Universidade de Copenhague (2017–)
Universidade Stanford (2015–2017)
Universidade Técnica da Dinamarca (pt) Traducir, investigadora pós-doutoral (pt) Traducir (2012–2015) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webcuris.ku.dk… Editar o valor em Wikidata
Twitter: mariaescesc Dialnet: 3244463 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

O pai de María Escudero Escribano é enxeñeiro técnico industrial especializado en química.[2] Estudou Enxeñaría Química na Universidade de Estremadura.[3][4] Trasladouse a Madrid para comezar o seu doutoramento, que obtivo na Universidade Autónoma de Madrid en 2011. Escudero Escribano traballou con Ángel Cuesta Císcar nas reaccións electroquímicas que teñen lugar no interior das pilas de combustible. Durante o seu doutoramento, Escudero Escribano foi bolseira na Residencia de Estudantes e realizou estadías como científica visitante no Laboratorio Nacional de Argonne e na Universidade de Ulm.[5]

A Real Sociedade Española de Química seleccionou a tese de doutoramento de Escudero Escribano como a mellor tese da Comunidade de Madrid na convocatoria 2011-2012.[6][7] Despois de doutorarse, uniuse á Universidade Técnica de Dinamarca como investigadora posdoutoral. Alí comezou a traballar en novos electrocatalizadores baseados en aliaxe de platino e lantánidos para a reacción de redución de osíxeno en pilas de combustible, e os resultados deste traballo foron publicados en 2016 en Science.[8]

Investigación e carreira científica editar

En 2017, Escudero Escribano foi nomeada equivalente en España de Profesora Asistente Doutora na Universidade de Copenhague, onde dirixe o Grupo de Nanoelectroquímica.[7][9] A súa investigación céntrase en novos materiais para reaccións electroquímicas, que estuda mediante espectroscopia óptica in situ e microscopia. María Escudero está interesada en utilizar estes materiais para aplicacións químicas sostibles, como para a xeración de hidróxeno a partir da descomposición da auga.[10]

En 2019, anunciouse que a Fundación Nacional de Investigación de Dinamarca apoiará a Escudero Escribano para establecer un centro de catálise de aliaxes de alta entropía na Universidade de Copenhague.[11][12] O centro terá como obxectivo contribuír á descarbonización e crear unha industria química máis sostible. A industria química mundial é responsable de case 10% das emisións de gases de efecto invernadoiro.

Recoñecementos editar

Notas editar

  1. "Juntaex - II Congreso Mundial de la Ciudadanía Extremeña en el Exterior - MARÍA ESCUDERO ESCRIBANO". Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2021. Consultado o 2021-09-23. 
  2. "María Escudero Escribano, Premio Joven Talento 2018 de Fuera de serie". 15 de marzo de 2019. Consultado o 8 de abril de 2020. 
  3. "Clara Immerwahr Award 2019 announced in ChemViews Magazine" (en inglés). 3 de maio de 2019. Consultado o 3 de novembro de 2019. 
  4. "Los jóvenes que mueven el mundo - XL Semanal". XLSemanal (en castelán). 2021-12-13. Consultado o 2021-12-15. 
  5. Strmcnik, Dusan; Escudero-Escribano, María; Kodama, Kensaku; Stamenkovic, Vojislav R.; Cuesta, Angel; Marković, Nenad M. (2010). "Enhanced electrocatalysis of the oxygen reduction reaction based on patterning of platinum surfaces with cyanide" (en inglés) 2 (10): 880–885. ISSN 1755-4349. PMID 20861905. doi:10.1038/nchem.771. 
  6. "Premio a la mejor tesis doctoral de la Comunidad de Madrid" (en español). 17 de abril de 2013. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2020. Consultado o 8 de abril de 2020. 
  7. 7,0 7,1 "UniSysCat: Clara Immerwahr Awardees" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2019. Consultado o 8 de abril de 2020. 
  8. Escudero-Escribano, María; Malacrida, Paolo; Hansen, Martin H.; Vej-Hansen, Ulrik G.; Velázquez-Palenzuela, Amado; Tripkovic, Vladimir; Schiøtz, Jakob; Rossmeisl, Jan; Stephens, Ifan E. L. (1 de abril de 2016). "Tuning the activity of Pt alloy electrocatalysts by means of the lanthanide contraction" (en inglés) 352 (6281): 73–76. ISSN 0036-8075. PMID 27034369. doi:10.1126/science.aad8892. 
  9. "All staff at the Department of Chemistry" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2020. Consultado o 8 de abril de 2020. 
  10. "María Escudero Escribano, Premio Fundación Princesa de Girona de Investigación Científica 2018 ex aequo". Consultado o 8 de abril de 2020. 
  11. "New center to replace oil and gas with sustainable chemistry" (en inglés). 23 de outubro de 2019. Consultado o 8 de abril de 2020. 
  12. "Grüne Chemie: Neues Institut für nachhaltige Chemie in Dänemark" (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2019. Consultado o 8 de abril de 2020. 
  13. "UniSysCat: Awardees in UniSysCat". www.unisyscat.de. Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2021. Consultado o 2021-12-14.