María Emilia Casas

xurista española

María Emilia Casas Baamonde, nada en Monforte de Lemos en 1950, é unha maxistrada galega.

María Emilia Casas
Nacemento30 de novembro de 1950
Lugar de nacementoMonforte de Lemos
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónxurista
CónxuxeJesús Leguina
PremiosGran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort, Premio Extraordinario de Fin de Carrera e doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela
Na rede
Dialnet: 77358
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

É catedrática de Dereito do Traballo e da Seguridade Social na Universidade Complutense de Madrid. Foi nomeada maxistrada do Tribunal Constitucional en decembro do 1998, sendo o membro máis novo en acceder ao mesmo. En xuño do 2004 foi nomeada presidenta do Tribunal Constitucional, posto no que permaneceu ata 2011. Foi a primeira muller que o presidiu.

Recoñecementos editar

Foi Medalla de Ouro de Galicia en 2018.

Foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade Carlos III de Madrid en 2012,[1] pola Universidade de Santiago de Compostela en 2021, dado o compromiso de María Emilia Casas coa universidade e coa sociedade “especialmente a través da defensa da democracia e das súas institucións, dos valores da xustiza e da igualdade entre o home e a muller en todos os ámbitos do desenvolvemento da persoa”,[2] e en 2022 pola Universidade de Málaga, que recoñece na súa figura “a una mujer que ha logrado hacer camino y que nunca ha dejado de andar”.[3]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Manuel Jiménez de Parga
  
Presidenta do Tribunal Constitucional
 
2004-2011
Sucesor:
Pascual Sala Sánchez