María Dolores de Cospedal

política española

María Dolores de Cospedal García, nada en Madrid o 13 de decembro de 1965, é unha xurista e política española, secretaria xeral do Partido Popular e presidenta do Partido Popular de Castela-A Mancha. Foi presidenta da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha entre 2011 e 2015, e ministra de Defensa entre 2016 e 2018.

María Dolores de Cospedal
Nome completoMaría Dolores de Cospedal García
Nacemento13 de decembro de 1965
Lugar de nacementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade San Pablo CEU
Ocupaciónpolítica e avogada
CónxuxeIgnacio López del Hierro
PremiosGran Cruz da Orde de Isabel a Católica e Gran Cruz da Orden de Carlos lll
Na rede
Twitter: mdcospedal Dialnet: 752324 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Con 26 anos, ingresou por oposición no corpo de avogados do Estado.[1] Foi a avogada do Estado máis xove.[2]

María Dolores de Cospedal foi a candidata polo Partido Popular (PP) nas eleccións de 2007 á presidencia da comunidade autónoma de Castela-A Mancha, quedando o seu grupo parlamentario na oposición tras os referidos comicios autonómicos e locais, aínda que despois de lograr unha mellora considerable con respecto aos anteriores comicios.

Posteriormente, nas eleccións de 2011, conseguiu o 48,13% dos votos, levando o Partido Popular de Castela-A Mancha á maioría absoluta. Por primeira vez na historia da democracia, o PP lograba gobernar a Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha da que foi presidente José Bono dende 1983 ata 2004 e José María Barreda ata 2011.

Nas eleccións de 2015, volveu ser a forza máis votada co 37,49% dos votos, quedándose a un escano da maioría absoluta. A pesar da vitoria, un pacto entre o Partido Socialista e Podemos desbancouna do goberno rexional.

O 3 de novembro de 2016 foi nomeada ministra de Defensa por Mariano Rajoy. Ocupou o cargo ata o 7 de xuño de 2018, logo de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy.

Notas editar

  1. "María Dolores de Cospedal: la abogada que quiso ser Rajoy, nueva ministra de Defensa". ABC (xornal) (en castelán). 3-11-2016. Consultado o 11-2-2018. 
  2. Antonio Jiménez Barca, Luis Gómez (6-7-2008). "Y llegó Cospedal". El País (en castelán). Consultado o 25-3-2018.