María Bouzas

actriz galega

María Xosé Rodríguez Bouzas, nada en Piñeiro (Mugardos) en 1962, é unha actriz galega.

Infotaula de personaMaría Bouzas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(gl) María Xosé Rodríguez Bouzas Editar o valor em Wikidata
24 de marzo de 1962 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Piñeiro, España Editar o valor em Wikidata
Presidente Academia Galega do Audiovisual
17 de outubro de 2006 – 30 de maio de 2009 – Xosé Manuel Olveira "Pico" → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura165 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0100517 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Formouse como intérprete na Escola Superior de Arte Dramática de Madrid entre os anos 1983 e 1987. Conta cunha extensa traxectoria profesional, acadando gran popularidade a raíz das súas personaxes nas series da TVG Pratos combinados e Terra de Miranda, na que tivo un papel protagonista.

Participou así mesmo en multitude de películas e curtametraxes, ademais de montaxes teatrais, algunhas delas coa Compañía de Marías, da que é cofundadora xunto coa súa amiga, a tamén actriz galega María Pujalte.

En 2003 conduciu a gala dos Premios Max de teatro, celebrada en Vigo xunto coas tamén actrices galegas María Pujalte e Berta Ojea e o actor Serxio Pazos.

Foi a presidenta da Academia Galega do Audiovisual, organizadora dos premios Mestre Mateo, desde outubro de 2006 até maio de 2009, momento na que a sucedeu no cargo o actor Xosé Manuel Olveira "Pico".

Actuou como xurado, xunto a Quico Cadaval, Cristina Domínguez, Camilo Franco e Ana Romaní, na II edición do Premio de Teatro Radiofónico da Radio Galega.

Entre 2011 e 2020 interpretou durante 12 tempadas e máis de 2000 episodios a Francisca Montenegro na serie de Antena 3 El secreto de Puente Viejo.[1]

Filmografía editar

Curtametraxes editar

Teatro editar

Televisión editar

Galardóns e nomeamentos editar

Premios Mestre Mateo editar

Ano Categoría Produción Resultado
2002 Mellor actriz Terra de Miranda Gañadora
2003 Mellor actriz Terra de Miranda Gañadora
Mellor actriz secundaria O agasallo de Silvia e Blanca Madison Nomeada
2004 Mellor actriz secundaria Terra de Miranda Nomeada
2005 Mellor actriz secundaria Heroína Gañadora
2007 Mellor actriz Unha muller invisible Gañadora
2010 Mellor actriz secundaria Retornos Gañadora
2011 Mellor actriz As reliquias do Santo Nomeada
2017 Premio de Honra Gañadora

Notas editar

  1. ""'Puente Viejo' ha tenido un final abrupto debido al estado de alarma"" (en castelán). 20 de maio de 2020. Consultado o 3 de maio de 2021. 
  2. culturagalega.org (2019-09-10). "A Fundación AISGE premia á actriz María Bouzas pola súa traxectoria. A artista recollerá o premio no marco do 24º OUFF". culturagalega.org. Consultado o 2019-09-12. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar