Mae de la Concha

política española

María Asunción Jacoba Pía da Concha García-Mauriño, nada en Xixón o 25 de xullo de 1954, máis coñecida como Mae de la Concha, é unha empresaria libreira e política menorquina de orixe asturiana, deputada polas Illas Baleares no Congreso dos Deputados nas XI e XII lexislaturas. Dende outubro de 2017 é tamén a Secretaria Xeral de Podemos Illas Baleares.[1]

Infotaula de personaMae de la Concha

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Asunción Jacoba Pía de la Concha García-Mauriño Editar o valor em Wikidata
25 de xullo de 1954 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Xixón, España Editar o valor em Wikidata
Presidente do Governo das Ilhas Baleares (pt) Traducir
Coa función de: interim (en) Traducir
19 de xuño de 2023 – 6 de xullo de 2023
← Francina Armengol SocíasMargarita Prohens Rigo (pt) Traducir →
Secretario Xeral Podemos Balearic Islands (en) Traducir
2017 –
← Alberto Jarabo Vicente (en) Traducir
Deputada de España
18 de xullo de 2016 – 5 de marzo de 2019

Circunscrición electoral: Balearic Islands (en) Traducir

Deputada de España
4 de xaneiro de 2016 – 3 de maio de 2016

Circunscrición electoral: Balearic Islands (en) Traducir

Datos persoais
Outros nomesMae de la Concha lora Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlibreira , política Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPodemos Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua francesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 1970 emigrou a Francia, onde traballou de aia e de auxiliar de hospital. Anos despois estabeleceuse en Madrid, onde traballou como secretaria en Yves Rocher e como administrativa no despacho de avogados da rúa de Atocha, 55.[2]

Despois viviu en León, Barcelona e Santander, ata que o verán de 1980 estableceuse en Ciutadella de Menorca. Comezou traballando como secretaria de xulgado ata que en 1990 fundou a libraría La Torre de Papel. Como parte de Podemos, en febreiro de 2015 foi elixida secretaria xeral en Menorca.[3] Foi elixida deputada nas eleccións de 2015 e 2016.[4]

Na conformación das listas electorais de Podemos Illas Baleares para o Parlamento das Illas Baleares nas Eleccións municipais en España de 2019, foi elixida cabeza de lista do partido, obtendo un escano; tralas negociacións co PSOE balear, María Asunción, trala investidura de Francina Armengol como Presidenta do Goberno Balear, converteuse na Conselleira de Agricultura, Pesca e Alimentación.

En xuño de 2023, converteuse en presidenta das Illas Baleares en funcións, por mor da dimisión de Francina Armengol, trala derrota nas eleccións autonómicas de 2023.[5]

Notas editar

  1. "Mae de la Concha es la nueva secretaria general de Podemos Baleares". Europa Press. 5 de outubro de 2017. Consultado o 8 de outubro de 2017. 
  2. Podemos. "Mae De La Concha García-Mauriño". Consultado o 9 de xullo de 2017. 
  3. "Podemos elige a Mae de La Concha como líder en Menorca". Infomenorca. 14 de febreiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2017. Consultado o 9 de xullo de 2017. 
  4. "De la Concha García-Mauriño, María Asunción Jacoba Pía". Congreso dos Deputados. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2017. Consultado o 9 de xullo de 2017. 
  5. Gelabert, Martí (25 de xuño de 2023). "El llegat d’Armengol: més llums que no pas ombres a les Illes". vilaweb.cat (en catalán). Consultado o 17 de agosto de 2023. 


Predecesor:
Francina Armengol
  
Presidenta do goberno das Illas Baleares
 
2023 - 2023
Sucesor:
Marga Prohens