Manuela López Besteiro

política española

Manuela López Besteiro, nada o 26 de maio de 1941 en Castroverde, é unha política galega.

Infotaula de personaManuela López Besteiro
Biografía
Nacemento26 de maio de 1941 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Castroverde, España Editar o valor em Wikidata
Deputada do Parlamento de Galicia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Mestra e licenciada en pedagoxía é inspectora de educación. Deputada no Parlamento de Galicia polo Partido Popular desde 1990 foi conselleira de Familia, Muller e Xuventude (1993-2002), foi candidata á alcaldía de Lugo polo seu partido nas eleccións de 2003.

No ano 1999 promoveu a actuación da Fiscalía Superior de Galicia contra o padre Jesús Silva Méndez, fundador e director de Benposta Nación de Muchachos, por supostas irregularidades na entrada en España de 300 nenos centroamericanos afectados polo furacán Mitch en réxime de acollida. O padre Silva denunciou que se trataba dunha montaxe encamiñada a pechar o centro de menores e deixar libres os seus terreos para trasladar a eles o estadio ourensán municipal do Couto, cuxo terreo o alcalde popular, Manuel Cabezas, pretendía privatizar para a promoción de vivenda privada.[1] Esta actuación provocou unha ampla resposta social e dos ámbitos intelectuais de Galicia[2], que non lograron evitar o peche do centro de menores.

En marzo de 2010 foi obxecto de polémica ao, en calidade de inspectora de educación, pedir a unha profesora que obviase o decreto vixente de linguas no ensino non universitario para o caso particular dunha alumna luguesa, á cal podería falar en castelán nas materias que obrigatoriamente deben ser en lingua galega. A profesora denunciouno publicamente e Besteiro retrucou que se limitara a pedir "flexibilidade por todas as partes"[3].

Notas editar

  1. Citado a declarar un cura por la acogida a 300 niños en España. El País digital, 19/01/2000. Visto o 12/03/2010.
  2. Méndez Ferrín, X.L., Crucificar a Silva, artigo publicado en Faro de Vigo. Recopiado en Méndez Ferrín, X.L., Ledo Andión, M. Un escritor nos xornais: artigos periodísticos, 2000. Universidade de Santiago de Compostela, 2001. ISBN 84-8121-958-4, 9788481219586.
  3. Unha mestra di que lle impediron que incumprise o decreto do galego Arquivado 14 de marzo de 2010 en Wayback Machine., nova aparecida en Xornal de Galicia o 12 de marzo de 2010