Manuel Pazos González

futbolista español

Manuel Pazos González, nado en Cambados o 17 de marzo de 1930 e finado en Elx (Alacant) o 24 de maio de 2019,[1] foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de gardameta.

Pazos
Información persoal
Nome Manuel Pazos González
Nacemento 17 de marzo de 1930
Lugar de nacemento Cambados
Falecemento 24 de maio de 2019
Lugar de falecemento Elx
Altura 183 centímetros
Posición Gardameta
Carreira xuvenil
Carabela
Pasarón
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1951-1953 Celta de Vigo 26
1953–1955 Real Madrid 17
1954-1955 Hércules CF (Cedido) 25
1955-1962 Atlético de Madrid 157
1962-1969 Elche CF 168
Selección nacional
Selección de fútbol de España 0
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou xogando no Carabela de Cambados, pero pronto fichou polo Pasarón de Pontevedra e cando estaba a punto de fichar polo Pontevedra CF interveu o Celta de Vigo, levando a ficha do gardameta para comezar a tempada 1951/52.

Xogou no Celta dúas tempadas, nas cales protagonizou situacións con bastante repercusión, como cando ante o Atlético de Madrid tentando evitar un gol recibiu un golpe polo que tivo que ser trasladado ao hospital coa rotura dos dous maxilares, mandíbula, padal e nariz e luxación da clavícula.

En 1953 fichou polo Real Madrid co que foi campión de Liga esa mesma tempada, compartindo aliñación con homes como Di Stéfano, Miguel Muñoz ou Molowny. Sendo xogador do Real Madrid foi convocado coa selección española, aínda que ao ser o suplente de Antoni Ramallets non chegou a debutar, porén si que o fixo coa extinta Selección B.

No Real Madrid tivo problemas de indisciplina, ou polo menos foi a razón pola que o cederon ao Hércules CF, tamén en Primeira División, a seguinte tempada. Tras ese ano fora do equipo foi traspasado ao Atlético de Madrid por 800 000 pesetas.

No club colchoeiro militou sete tempadas, nas cales gañou dúas Copas do Xeneralísimo e a Recopa de Europa de 1962. Entre os encontros históricos que disputou están a final de Copa que perdeu o Atlético ante o Athletic de Bilbao en 1956, e as semifinais da Copa de Europa o 13 de maio de 1959 ante o Real Madrid, encontro que gañaron os brancos por 2-1, cun gol de penalti de Puskás rematando o encontro.

Aos 32 anos fichou polo Elche CF na tempada 1962/63, onde aínda xogou sete tempadas máis en Primeira División.

Retirouse do fútbol de elite en 1969, con 39 anos, porén aínda seguiu xogando en equipos de Terceira División e Preferente, como o Novelda CF, o Tháder de Rojales ou o Santa Pola CF.

Despois de 19 tempadas e 400 encontros en cinco equipos da Primeira División Española, retirouse no ano 1974 xogando no Abarán, da Preferente murciana, e fixou a súa residencia en Elx.

Palmarés editar

Real Madrid editar

Atlético de Madrid editar

Notas editar

  1. Egea, Pablo (24 de maio de 2019). "Fallece Manuel Pazos, leyenda del Atlético". Marca (Madrid). Consultado o 24 de maio de 2019.