Manuel González Álvarez

guionista e investigador cinematográfico galego


Manuel González Álvarez, nado na Rúa en 1955, é un guionista e investigador cinematográfico galego.

Infotaula de personaManuel González Álvarez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1955 Editar o valor em Wikidata (68/69 anos)
A Rúa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista , catedrático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Licenciado en Psicoloxía pola Universidade Complutense de Madrid, participou na formación de cineclubs na Rúa, Santiago de Compostela e Madrid. Foi director do I.F.P Allariz (1979-1982), onde realizou as primeiras experiencias de vídeo na escola de Galicia. Foi responsable de cine e vídeo da Dirección Xeral de Cultura e da Videoteca de Galicia, da Videoteca de Galicia (1984-1985) e director da Escola de Imaxe e Son da Coruña (1990-1998). Estivo vinculado á produtora Videovoz TV, na que realizou labores de produción, guión e realización de programas para a TVG. Levou a cabo traballos de investigación sobre a historia do cine, dos que destacan a catalogación e recuperación de material audiovisual galego producido por emigrantes en América.

Obras editar

  • Documentos para a Historia do Cine en Galicia 1970-1990.
  • Nos días encantados de agosto. Unha biografía de José Gil (2022). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9151-942-3.

Galardóns e nomeamentos editar

 
Manolo González e David Pérez Iglesias.

Premios Mestre Mateo editar

Ano Categoría Resultado
2013 Premio de Honra Fernando Rey Gañador

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  1. Región, La (2023-04-30). "Manolo González y Moncha Fuentes ganan el premio Antón Losada en Carballiño". La Región (en castelán). Consultado o 2023-04-30.