Manuel Girón

guerrilleiro antifranquista
(Redirección desde «Manuel Girón Bazán»)

Manuel Girón Bazán, alcumado Girón, nado en Barrios de Salas (O Bierzo) o 16 de febreiro de 1910 e finado en Molinaseca (León) o 2 de maio de 1951, foi un guerrilleiro antifranquista. Actuou principalmente en León e oriente de Galiza.

Manuel Girón
AlcumeGirón
Nacemento16 de febreiro de 1910
Lugar de nacementoSalas de los Barrios
Falecemento2 de maio de 1951
Lugar de falecementoMolinaseca
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
IrmánsJosé Girón Bazán
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

De familia campesiña e el mesmo campesiño. Despois de loitar durante a guerra civil, na fronte de Asturias,[1] como outros, integrouse nas partidas de fuxidos xunto co seu irmán José. Acabarían por refuxiarse na serra Calva, nos límites entre a rexión leonesa e Galiza. Xefe de partida, a súa actuaría nos concellos ourensáns do Bolo, A Veiga, Carballeda de Valdeorras e Viana do Bolo, e tamén na comarca zamorana de Sanabria. En 1949 marchou a Francia con Silverio Yebra Granja, e regresou rapidamente con el.

Abandonou a zona onde operaba, para actuar con maior intensidade nas comarcas leonesas da Cabreira e O Bierzo, que non deixara de visitar anteriormente. O 17 de xullo de 1950 foi sorprendido con Silverio Yebra, Francisco Martínez López e Pedro Juan Méndez en Corporales (Truchas) onde despois dun combate de dez horas morreron os gardas civís Agustín Puente Martínez e Manuel Combarros García, e os guerrilleiros lograron romper o cerco. Vítima dunha emboscada, foi asasinado en Las Puentes del Malpaso (Molinaseca) por José Rodríguez Cañueto, un infiltrado da Garda Civil, en presenza da súa compañeira Alida González Arias o 2 de maio de 1951.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar