Manuel Gómez del Valle

xornalista, poeta e profesor galego

Manuel Gómez del Valle, nado na Habana en 1906 e finado en Ourense o 11 de agosto de 1936, foi un xornalista, poeta e profesor galego.

Infotaula de personaManuel Gómez del Valle
Biografía
Nacemento1906 Editar o valor em Wikidata
A Habana, Cuba Editar o valor em Wikidata
Morte11 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (29/30 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
NaiMaría del Valle Lozano Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de emigrantes galegos en Cuba, estableceuse en Ourense en 1918 onde estudou o bacharelato. Ao rematalo, volveu a Cuba onde comezou a súa actividade xornalística. Recorreu varios países americanos e foi encarcerado en Venezuela. Novamente en Galicia, foi profesor en Amoeiro e Vilamarín. Foi redactor de La Zarpa,[1] colaborou en El Soviet, El Pueblo Gallego[2] e Escuela del Trabajo.[3] Foi detido con Eduardo Villot Canal, acusados de rebelión; xulgados na Audiencia de Ourense, foron absoltos en marzo de 1933.[4] Participou na campaña para pedir o SI ao Estatuto de Autonomía de Galicia en xuño de 1936.[5] Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, xunto ao socialista Fernando Cordón García, funcionario de aduanas en Verín, trasladouse á Gudiña para unirse a quen estivera disposto a facer fronte á sublevación militar. Foron detidos en Xinzo de Limia pola Garda Civil o 21 de xullo e trasladados a Ourense.

Foi sometido a un consello de guerra sumarísimo que o condenou á pena de morte, sendo executado o 11 de agosto no Campamento de San Francisco de Ourense, a pesar das peticións de indulto do daquela sacerdote Fernando Quiroga Palacios, máis tarde cardeal, que asistiu ao fusilamento. A súa nai, María del Valle Lozano, foi detida por ter pedido a conmutación da pena capital, internada no cárcere de Celanova e asasinada en Xinzo de Limia. O seu irmán, Ricardo Gómez del Valle, foi obrigado a participar na guerra como soldado do bando franquista, sendo asasinado cara ao final da mesma, trala toma de Valencia, por un falanxista.

A súa obra está dispersa en distintas publicacións. En prosa na revista Escuela del Trabajo ("Krupp 42"), a poesía (Rebeldía, Poema, Manifiesto pastoril a los niños pobres del campo etc) en Heraldo de Galicia, Cristal e Vieiros.

Recoñecementos editar

Antón Tovar dedicou o conto “A grande ilusión" a Manuel Gómez del Valle e á súa nai María.

Notas editar

  1. La Zarpa, 20-3-1931, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 2-7-1932, p. 8.
  3. El Pueblo Gallego, 14-11-1933, p. 7.
  4. El Pueblo Gallego, 1-4-1933, p. 10.
  5. El Pueblo Gallego, 24-7-1936, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar