Manuel Gómez Román

arquitecto galego

Manuel Gómez Román, nado en Vigo o 24 de xullo de 1875 e finado na mesma cidade o 11 de novembro de 1964, foi un arquitecto galego.[1]

Infotaula de personaManuel Gómez Román

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xullo de 1875
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de novembro de 1964 (89 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Pereiró Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Traxectoria editar

 
Edificio Banco de Vigo.

Cunha fonda afección dende neno pola pedra labrada, comezou en Madrid a carreira de Arquitectura. Porén, abandonouna en 1896 incitado polo seu temperamento bohemio, artístico e rebelde, que mesmo o levou a enfrontarse cun profesor.

Durante estes anos dedicouse á construción e a dar clases de debuxo nunha academia fundada por el. En 1914 retomou os estudos de Arquitectura, empurrado fundamentalmente polo seu amigo e mentor Antonio Palacios Ramilo, que concluíu en 1917, con 41 anos.

Nesa época xa tiña unha obra considerábel, adoito asinada por compañeiros como Luis Vidal e Guasón, Manuel Felipe Quintana ou Jenaro de la Fuente Álvarez. Desta etapa son os Almacéns Simeón, a Casa Mülder, a Casa do Pobo para o sindicato UGT ou a casa para Saturnino García.

Pouco a pouco a obra de Gómez Román foi derivando cara ao galeguismo arquitectónico, fiel aos materiais e estilos do país. Realizou innumerábeis bosquexos, sobre todo para a Exposición Internacional da Pesca que se ía celebrar en Vigo, e que finalmente se viu malograda.

Na década de 1930 entrou en política. Foi candidato á alcaldía de Vigo pola Fronte Popular e chegou mesmo a ser Secretario Xeral do Partido Galeguista.

Trala guerra civil española foi nomeado Vicepresidente da Editorial Galaxia e da Fundación Penzol. O 30 de decembro de 1951 ingresou na Real Academia Galega coa lectura do discurso Arte y arquitectura en Galicia, respondido por [[Ramón Otero Pedrayo.[2] Promoveu xunto con Francisco Fernández del Riego e Xesús Ferro Couselo a conmemoración do Día das Letras Galegas.

A súa obra arquitectónica consta de máis de 2000 obras en diferentes cidades galegas. Colaborou tamén con debuxos artísticos e caricaturas en prensa e publicou traballos sobre as características da arquitectura galega.

 
Correos e Telégrafos, Alameda da Praza de Compostela.

Arquitectura e características editar

A súa opinión arquitectónica céntrase nos seguintes puntos:

  • A centralidade de Compostela como norma no aspecto artístico, xa que a basílica compostelá resume as manifestacións culturais, resolve problemas construtivos e compendia expresións iconográficas.
  • A esixencia dunha Escola de Arquitectura en Santiago de Compostela, cun plano de estudos no que se esixise un coñecemento das construcións santiaguesas para poder exercer a profesión de arquitecto.
  • Aínda que o seu acento se atope rexamente ligado ó pasado, pretendía actualizar e chegar á modernidade cun sinal propio de identidade.
  • O aproveitamento dos abondosos materiais nobres que ofrece a terra galega, así como da pericia da man de obra (especialmente de canteiros), figura que pretendía recuperar e prestixiar.
  • Completar os estudos que se teñen feito da propia arquitectura galega para incorporarse á modernidade da nova arquitectura sen necesidade dun mimetismo que consideraba evitable.

Obra editar

 
Casa de Saturnino García.

Vigo editar

Conta, amais, cunha obra singular conservada en Bouzas, Vigo.

Lugo editar

 
Museo de Lugo

Santiago de Compostela editar

  • Edificio de vivendas con torreón en Concepción Arenal 9 (1929)

Outros editar

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar