Manuel Ferrol

fotógrafo español

Manuel Ferrol Fernández, nado no Cabo Vilán (Camariñas) o 28 de decembro de 1923 e finado na Coruña o 27 de febreiro de 2003, foi un fotógrafo e reporteiro galego.

Infotaula de personaManuel Ferrol

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de decembro de 1923 Editar o valor em Wikidata
cabo Vilán, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de febreiro de 2003 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFotografía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfotógrafo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Rúa dedicada a Manuel Ferrol en Carral.

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Fillo dun fareiro, viviu parte da súa infancia e adolescencia en distintas localizacións da costa galega, situación que o leva a cursar o bacharelato en Vigo, onde tamén comezará os estudos de Náutica, axiña abandonados pola súa afección á fotografía.

Comeza a dedicarse profesionalmente á fotografía no ano 1950. Entre 1950 e 1953 monta un estudio en Betanzos e entre 1953 e 1955 traballa como retratista en Ferrol. Neses anos comeza a recibir os seus primeiros recoñecementos públicos, así recibe no 1953 o premio da Asociación de Artistas da Coruña e tamén é contratado pola Mariña de guerra estadounidense para documentar a súa visita a Ferrol. En 1955 instálase na Coruña, cidade á que sempre estará moi ligado, e comeza a traballar combinando a profesión de retratista coa de reporteiro gráfico para distintas publicacións.

Éxitos profesionais editar

No ano 1957 recibe un encargo da Comisión Católica de Emigración para realizar un traballo sobre o embarco de emigrantes no porto da Coruña. Nese contexto realiza o que sería o seu traballo máis coñecido nacional e internacionalmente. O día 27 de novembro de 1957, no embarque ao buque Juan de Garay, Manuel Ferrol capta a imaxe dun pai co seu fillo (os fisterráns Xan e Xurxo Calo[1]) chorando no porto. A fotografía representaría durante décadas os anos máis duros da emigración galega do século XX, chegando a converterse nunha especie de icona. Axudado pola relevancia e a sona deste traballo poderá estudar fotografía na Hamburger Photo Schule, feito que lle valerá ser contratado en 1958 como correspondente de Televisión Española na Galiza.

En 1961 realiza outra reportaxe de sona, esta vez sobre a liberación do buque Santa María, secuestrado polo Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación.

En 1965 gaña a oposición para ser correspondente do No-Do, traballo no que desenvolveu multitude de monográficos sobre diversos temas galegos. Nese traballo tamén tivo o encargo de cubrir as vacacións de verán de Franco, razón pola que se converteu nunha das poucas persoas cunha relación de proximidade no contorno familiar do ditador.

Durante os anos setenta participou nun proxecto cinematográfico sobre Castelao. O vínculo de Manuel Ferrol co cinema galego era especialmente forte, até o punto no que unha das cousas das que máis se gababa era que o seu traballo servira de inspiración para varios filmes de Chano Piñeiro[2].

Últimos anos e recoñecemento editar

Nos anos seguintes, Manuel Ferrol, participou en numerosas exposicións internacionais ao lado dos fotógrafos máis importantes do século, sen deixar de traballar até o seu falecemento, en marzo de 2003. Catro anos antes, en 1999 recibira un dos poucos recoñecementos oficiais que tivo en vida: o galardón da Deputación Provincial da Coruña como fotógrafo histórico. O 25 de xullo dese mesmo ano, o por aquel entón presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga impúxolle a título póstumo a medalla de bronce "Os bos e os xenerosos".

Notas editar

  1. Romero, Santiago (28 de outubro de 2007). "Tal como éramos". La Opinión (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 23 de outubro de 2009. 
  2. "Morre Manuel Ferrol, o fotógrafo que plasmou a emigración". Culturagalega.org. 5 de marzo de 2003. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2012. Consultado o 23 de outubro de 2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar