Manuel Darriba

escritor e xornalista galego

Manuel Anxo Darriba Blanco, nado en Sarria en 1973, é un escritor e guionista galego.

Infotaula de personaManuel Darriba

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1973 Editar o valor em Wikidata (50/51 anos)
Comarca de Sarria, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalXornalismo e Filosofía
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
Universidad Nacional de Educación a Distancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , xornalista , poeta Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoGuión, poesía, narrativa e tradución
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 2032767

Traxectoria editar

Licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid e en Filosofía pola UNED. Traballou como reporteiro e enviado especial de El Progreso de Lugo e o Diario de Pontevedra ata o 2004. Nese ano fundou con José Manuel Gegúndez a axencia Transmedia, editora de publicacións especializadas. Foi responsable de edicións nesta empresa ata o 2010, dirixindo diversas revistas de gandería, hostalería e o Anuario da Academia Galega do Audiovisual.

Ten colaborado en medios como Dominical (suplemento de El Periódico de Catalunya, ABC e unha quincena de periódicos rexionais), o semanario La Clave, o xornal económico Expansión, o magacine galego GPS, a Axencia Galega de Noticias, a revista literaria Protexta, os suplementos "Crónica" e "Magazine" de El Mundo e a edición galega de El País. Ata o 2013, publicou unha columna semanal no xornal gratuíto De luns a venres.

O seu labor xornalístico recibiu os premios Once-Galicia de xornalismo, Julio Camba de reportaxe e a mención especial no Premio Nacional Manuel Alcántara para xornalistas menores de 35 anos. No 2012 foi premio Fernández del Riego de xornalismo literario.

Debutou como escritor coa novela Paf Xarope, no 1997. Posteriormente publicou o libro de poemas Calor (1997) e a novela Outonos espectaculares (1998). No ano 2000 gañou o Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey con Velada do billarista e no 2005 o Premio Espiral Maior de Poesía por Vostede non sabe con quen está a falar. Dúas obras súas foron editadas en castelán por Bruguera no 2008 nun único volume: El billarista. Accidental. No 2009 publica a novela curta Branco. No 2010 gañou o premio de poesía Miguel González Garcés coa obra Os indios deixaron os verdes prados.

Baixo o pseudónimo de Manuel Amado, escribiu biografías dos poetas Lorenzo Varela, Uxío Novoneyra e Lois Pereiro, editadas por Galaxia e distribuídas en prensa nos Días das Letras Galegas dedicados a estes autores.

No eido audiovisual, Darriba é guionista e director dos documentais Tolos por Xapón (con Pedro A. Ramos), nomeado as Premios Mestre Mateo, e Prodixiosos, producidos por Bren Entertainment para a Televisión de Galicia. No 2011 escribiu, produciu e dirixiu a longametraxe documental Pacios. As fotos da memoria. A película estivo nos festivais internacionais de Lucerna (Suíza), Tesalónica (Grecia) e o catálogo de produción latinoamericana Latin Side Of The Doc (México DF).

A finais do 2011, cunha bolsa de estudos, pasou polo Taller de Desenvolvemento Cinematográfico Casa de América/Fundación Carolina. Durante unha estadía de dous meses na Residencia de Estudiantes de Madrid escribiu o guión de ficción Verano, con Fernando Castets e Inés París como asesores. Ten escrito varios guións de curtametraxe e longametraxe e un proxecto de serie.

En televisión, foi guionista e director nos docu-shows de TVG Onde vai a xente (1ª e 2ª temporadas) e Un país de lerias (1ª temporada), nos anos 2011 e 2012.

A primeiros do 2013 publicou, con Daniel Salgado, a crónica política AGE. A emerxencia da Alternativa Galega de Esquerdas. No verán dese ano publicou a novela O bosque é grande e profundo (Xerais), máis tarde traducida e publicad en castelán na editorial Caballo de Troya. A novela foi finalista no Premio de Novela Europea Casino de Santiago.

No 2015, Darriba traballa como guionista no magazine "Land Róber" (TVG), presentado por Roberto Vilar, e na serie "O Faro" (TVG,TV3).

Obra editar

Narrativa editar

Poesía editar

Literatura infanto-xuvenil editar

  • Brais e os demais, 2010, Galaxia.

Non ficción editar

Traducións editar

Obras colectivas editar

Premios editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "El billarista: El Accidental: dos novelas cortas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-02. 
  2. Parga, Grial (xullo, agosto, setembro 2021). "A esmagadora realidade". Grial LIX (231): 114. ISSN 0017-4181. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar