Manu del Moral

futbolista español

Manuel del Moral Fernández, coñecido como Manu del Moral, nado en Xaén o 25 de febreiro de 1984, é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu actual equipo é o CD Numancia.

Manu del Moral
Información persoal
Nome Manuel del Moral Fernández
Nacemento 25 de febreiro de 1984 (40 anos)
Lugar de nacemento Xaén
Altura 1,85 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Numancia
Número 7
Carreira xuvenil
Jaén
2001–2002 Atlético de Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2002–2006 Atlético B 50 (4)
2003–2005Recreativo (cedido) 33 (4)
2005–2006 Atlético de Madrid 5 (0)
2006–2011 Getafe 159 (37)
2011– Sevilla 56 (11)
2013–2014Elche (cedido) 24 (2)
2014–2015Eibar (cedido) 28 (3)
2015–2016 Valladolid 25 (3)
2016– Numancia 0 (0)
Selección nacional
2002–2003 España sub-19 4 (3)
2002–2003 España sub-20 9 (0)
2005 España sub-21 5 (2)
2011– España 1 (0)
Na rede
FIFA: 198689 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 4 de xuño de 2016.
Selección: actualizado a 7 de xuño de 2011.editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fórmase como futbolista nas categorías inferiores do Real Jaén. No ano 2002 ficha polo Atlético de Madrid, xogando no equipo filial en Segunda División B. As dúas seguintes tempadas xoga cedido no Recreativo de Huelva, desde onde volve ao atlético para xogar en Primeira División. Desde 2006 xogou nas filas do Getafe CF, club co que foi subcampión da Copa do Rei nas tempadas 2006–07 e 2007–08, e foi capitán do equipo na última tempada.

Como curiosidade, durante a súa etapa escolar, compartiu aulas co futbolista do Chelsea, Fernando Torres. Ademais, os seus bos partidos co Getafe CF, valéronlle o interese de grandes equipos europeos como o Atlético de Madrid, Everton, e ata o Milan.

Ao rematar a tempada 2010–11, rematou o seu contrato co Getafe CF, e firmou polo Sevilla FC.

Selección nacional editar

Xogou nas categorías inferiores da selección española de fútbol, marcando tres goles en cinco partidos disputados coa selección sub-19 e dous goles en cinco coa selección sub-23, ademais disputou nove partidos coa selección sub-21.

O 7 de xuño de 2011 debutou coa selección absoluta nun amigable contra Venezuela, que rematou con vitoria española por 0-3. Del Moral disputou a segunda parte, ao substituír no descanso a David Villa.

Palmarés editar

Copas internacionais editar

Título Club Ano
Subcampión da Copa Mundial de Fútbol Xuvenil Selección española sub-20 2003
Medalla de ouro nos Xogos Mediterráneos Selección española sub-23 2005

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar