O manspreading[1], en galego espraiamento[2], é un anglicismo co que se adoita referir á práctica masculina de sentar en lugares públicos (asentos de medios de transpote, paradas de autobús, bancos públicos) espallando as pernas, abranguendo máis espazo que o que ocuparía un asento estándar[3]. A dita práctica estaría a prexudicar as persoas sentadas ao carón ao teren menos espazo persoal. Foi cuestión de debate nas redes sociais e é unha reivindicación que acotío denuncian grupos e organizacións feministas. En agosto de 2015 foi recollido polo dicionario Oxford English Dictionary, e posteriormente por organizacións españolas coma a Fundeu BBVA. Porén, a Real Academia Galega da lingua non a recolle.

Exemplo de manspreading nun autobús de Corea do Sur.

Etimoloxía editar

A orixe do termo mansnpreading provén da unión das palabras inglesas man e spreading. O prefixo man ("home") e o sufixo spreading ("espallándose" ou "espraiándose"). O termo adoita empregarse coma substantivo, aínda que non ten tradución á lingua galega.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "Entrada de manspreading no Oxford English Dictionary". Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2016. Consultado o 21 de agosto de 2017. 
  2. Facer que [algo] abranga moito espazo; aumentar de volume abranguendo máis espazo. Definición de "espraiarse" no dicionario da Real Academia Galega.
  3. Fitzsimmons, Emma G. "A Scourge Is Spreading. M.T.A.’s Cure? Dude, Close Your Legs.". The New York Times. Consultado o 21 de agosto de 2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar