Mansón I de Amalfi

Mansón II, finado en 1004, foi duque longobardo de Amalfi (9661004) e Salerno do 981 ao 983

Infotaula de personaMansón I de Amalfi
Biografía
Nacementoséculo X Editar o valor em Wikidata
Morte1004 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Bizantino
Ducado de Amalfi Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuque
Prince of Salerno (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosXoán I de Salerno Editar o valor em Wikidata
PaiSergius I of Amalfi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAdelfer of Amalfi (en) Traducir e Ademar di Amalfi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo do duque Serxio, foi o máis grande soberano independente do ducado de Amalfi, que rexeu durante case medio século. As crónicas chámano tamén Mansón III.

No 981, aproveitando a xove idade de Pandulfo II de Salerno, invadiu o principado e derrocou o soberano do trono. O emperador Odón II, que xa se atopaba en Italia empeñado na loita contra bizantinos e sarracenos e estaba á procura de aliados, concedeulle a Mansón o recoñecemento imperial como novo príncipe de Salerno. Mansón asociou ao trono ao seu fillo Xoán, pero o goberno dos amalfitanos sobre o principado salernitano foi tiránico e impopular. No 983 pai e fillo foron botados polo pobo, que elixiu príncipe a Xoán Lamberto, conde de palacio relegado ao exilio. Mansón conservou a posesión de Amalfi, onde reinou ata a súa morte. A el se debe a edificación da catedral de Sant'Andrea Apostolo e a institución da sede episcopal de Amalfi (987) por parte do papa Xoán XV.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Caravale, Mario (ed). Dizionario Biografico degli Italiani: LV Ginammi – Giovanni da Crema. Roma, 2000.