Malpighiales

Flor da Calophyllum inophyllum
Clasificación científica
Reino: Plantas
(sen clasif.) Anxiospermas
(sen clasif.): Eudicotiledóneas
(sen clasif.): Rósidas
Orde: Malpighiales
Martius
Familias

Véxase no texto.

As Malpighiales son unha das meirandes ordes de plantas con flor, comprendendo arredor de 16000 especies, approximadamente o 7.8% das eudicotiledóneas.[1] A orde é moi diversa e difícil de recoñecer agás con evidencia filoxenética molecular. Non forma parte de ningún dos sistemas de clasificación que se basean só na morfoloxía vexetal. Os cálculos a través do reloxo molecular estiman a orixe do grupo troncal das Malpighiales en arredor de 100 millóns de anos e a do grupo coroa das Malpighiales en arredor de 90 millóns de anos.[2]

Aspidopterys cordata

As Malpighiales divídense en entre 32 e 42 familias, dependendo de a que clado lle damos o rango taxonómico de familia.[3] Na última revisión do Angiosperm Phylogeny Website, mantido polo botánico Peter F. Stevens, membro do Angiosperm Phylogeny Group, recoñéncense 39 familias, 716 xéneros e 15935 especies.[1]. A meirande familia é, de lonxe, as Euforbiáceas, con máis de 6000 especies.[4]

Nun estudo realizado en 2009 de secuencias de ADN de 13 xenes, 42 familias puxéronse en 16 grupos, cun tamaño que abranguía dunha a dez familias. Case nada se coñece sobre as relacións entre eses dezaseis grupos.[3] Malpighiales e Lamiales son as dúas grandes ordes nos que a súa filoxenia sen resolver.[5]

Afinidades editar

As Malpighiales son un membro do grupo supraordinal chamado clado COM, que consiste nas ordes Celastrales, Oxalidales e Malpighiales.[6] Algún autor inclúe unha cuarta orde, Huales, separándoa da familia Huaceae dentro da súa propia orde, separada das Oxalidales.[7]

Algúns estudos recentes colocan ás Malpighiales como irmá das Oxalidales sensu lato (incluíndo as Huaceae),[3][8] mentres outros atoparon unha topoloxía diferente para o clado COM.[2][6][9]

O clado COM fai parte dun grupo non xerárquico coñecido como Fabidae ou eurosids I.[10] Fabidae fai parte dun grupo que hai tempo que está recoñecido, Rosidae.[11]

Historia editar

O botánico sueco Linnaeus deulle o nome ao xénero de Malpighia na honra da obra de Marcello Malpighi sobre as plantas ; Malpighia é o xénero tipo das Malpighiaceae, unha familia de plantas con flor tropicais e suptropicais.

A familia das malpighiáceas foi a familia tipo para unha das ordes creadas por Jussieu na súa obra de 1789 Genera Plantarum.[12] Friedrich von Berchtold e Jan Presl describírona como unha orde en 1820.[13] A diferenza dos taxonomistas modernos, eses autores non fixeron uso do sufixo "ales" ao denominaren as súas ordes. Atribúese o nome "Malpighiales" a Carl von Martius.[11], pero foi o botánico John Hutchinson, quen o utilizou nas tres edicións de The Families of Flowering Plants.[14] pero caeu en desuso.

A primeira vez que apareceu a forma Malpighiales como se coñece agora foi nun estudo filoxenético de espermatófitas publicado en 1993 baseado na secuencia de ADN do xene rbcL.[15] Este traballo recuperou un grupo de rósidas que non se asemellaba aos grupos atopados en ningún sistema previo de clasificación biolóxica. Para romper claramente cos sistemas de clasificación utilizados na época, o Angiosperm Phylogeny Group resucitou o nome de Hutchinson, a pesar que o seu concepto de Malpighiales incluía moito do que agora está en Celastrales e Oxalidales.[16]

Circunscrición editar

Malpighiales é monofilético e en estudos de filoxenia molecular recibe un forte soporte estatístico.[1] Desde que se publicou o sistema APG II en 2003, fixéronse algúns cambios menores na circunscrición da orde. A familia Peridiscaceae expandiuse de dous a tres xéneros e máis tarde a catro e pasou ás Saxifragales.[3][17]

Os xéneros Cyrillopsis (Ixonanthaceae), Centroplacus (Centroplacaceae), Bhesa (Centroplacaceae), Aneulophus (Erythroxylaceae), Ploiarium (Bonnetiaceae), Trichostephanus (Samydaceae), Sapria (Rafflesiaceae), Rhizanthes (Rafflesiaceae) e Rafflesia (Rafflesiaceae) engadíronse ou confirmáronse como membros das Malpighiales a finais de 2009.[3]

Mudou tamén a delimitación dalgunhas familias, o caso máis notable é a segregación das Calophyllaceae das Clusiaceae sensu lato cando se demostrou que estas últimas eran parafiléticas.[3] Tamén existen algunhas diferenzas de opinión sobre a delimitación das familias, é o caso das Samydaceae e Scyphostegiaceae que poden ser recoñecidas como familias ou incluídas dentro dunha versión máis grande das Salicaceae.[18]

Filoxenia editar

A filoxenia das Malpighiales é, no seu nivel máis fondo unha politomia non resolvida de 16 clados. Estímase que para a resolución completa da filoxenia precísanse cando menos 25000 par de bases de secuencia de datos de ADN por taxon.[19] Existe unha situación semellante cos Lamiales que se analizou con algún detalle.[20] A árbore filoxenética de embaixo débese a Wurdack e Davis (2009). O soporte estatístico para cada póla é unha porcentaxe do 100% bootstrap e 100% de probabilidade a posteriori, agás que se indique, coa porcentaxe bootstrap seguida da probabilidade a posteriori.

Malpighiales
98/100 

Putranjivaceae

Lophopyxidaceae

Irvingiaceae

84/100  

Centroplacaceae

Caryocaraceae

Pandaceae

Ixonanthaceae

Humiriaceae

Linaceae

Elatinaceae

Malpighiaceae

84/100  

Ctenolophonaceae

Rhizophoraceae s.l.  

Erythroxylaceae

Rhizophoraceae

99/100  

Balanopaceae

Chrysobalanaceae s.l.  

Trigoniaceae

Dichapetalaceae

Euphroniaceae

Chrysobalanaceae

Ochnaceae s.l.  

Ochnaceae

Medusagynaceae

Quiinaceae

clusioids  
92/98  

Bonnetiaceae

Clusiaceae

Calophyllaceae

Hypericaceae

Podostemaceae

phyllanthoids  

Picrodendraceae

Phyllanthaceae

Peraceae

90/90  

Rafflesiaceae

85/100  

Euphorbiaceae

parietal clade  

Achariaceae

76/98  

Goupiaceae

82/100  

Violaceae

Passifloraceae s.l.  

Malesherbiaceae

Turneraceae

Passifloraceae

Lacistemataceae

Salicaceae s.l.  

Samydaceae

Scyphostegiaceae

Salicaceae

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Peter F. Stevens (2001 onwards). Malpighiales Angiosperm Phylogeny Website]
  2. 2,0 2,1 Susana Magallón e Amanda Castillo (2009). "Angiosperm diversification through time". American Journal of Botany 96 (1): 349–365. PMID 21628193. doi:10.3732/ajb.0800060. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Kenneth J. Wurdack e Charles C. Davis (2009). "Malpighiales phylogenetics: Gaining ground on one of the most recalcitrant clades in the angiosperm tree of life". American Journal of Botany 96 (8): 1551–1570. PMID 21628300. doi:10.3732/ajb.0800207. 
  4. Alan Radcliffe-Smith. 2001. Genera Euphorbiacearum. Royal Botanic Gardens, Kew: Richmond, England.
  5. Douglas E. Soltis, Pamela S. Soltis, Peter K. Endress, and Mark W. Chase (2005). Sinauer, ed. Phylogeny and Evolution of the Angiosperms. Sunderland, MA, USA. ISBN 978-0-87893-817-9. 
  6. 6,0 6,1 Hengchang Wang, Michael J. Moore, Pamela S. Soltis, Charles D. Bell, Samuel F. Brockington, Roolse Alexandre, Charles C. Davis, Maribeth Latvis, Steven R. Manchester e Douglas E. Soltis (10 de marzo de 2009). "Rosid radiation and the rapid rise of angiosperm-dominated forests". Proceedings of the National Academy of Sciences 106 (10): 3853–3858. PMC 2644257. PMID 19223592. doi:10.1073/pnas.0813376106. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 17 de maio de 2012. 
  7. Alexander B. Doweld. 2001. Prosyllabus Tracheophytorum. Tentamen systematis plantarum vascularium (Tracheophyta). Geos: Moscova, Rusia.
  8. Li-Bing Zhang and Mark P. Simmons (2006). "Phylogeny and delimitation of the Celastrales inferred from nuclear and plastid genes". Systematic Botany 31 (1): 122–137. doi:10.1600/036364406775971778. 
  9. J. Gordon Burleigh, Khidir W. Hilu e Douglas E. Soltis (2009). "Inferring phylogenies with incomplete data sets: a 5-gene, 567-taxon analysis of angiosperms" (PDF). BMC Evolutionary Biology 9: 61. PMC 2674047. PMID 19292928. doi:10.1186/1471-2148-9-61. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xaneiro de 2012. Consultado o 17 de maio de 2012. 
  10. Philip D. Cantino, James A. Doyle, Sean W. Graham, Walter S. Judd, Richard G. Olmstead, Douglas E. Soltis, Pamela S. Soltis, and Michael J. Donoghue (2007). "Towards a phylogenetic nomenclature of Tracheophyta" (PDF). Taxon 56 (3): 822–846. doi:10.2307/25065865. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xullo de 2021. Consultado o 17 de maio de 2012. 
  11. 11,0 11,1 Peter F. Stevens (2001 onwards). "Angiosperm Phylogeny Website". 
  12. Antoine Laurent de Jussieu (1789). Herrisant and Barrois, ed. Genera Plantarum. Paris. p. 252. 
  13. James L. Reveal (2008 con actualizacións). "A Checklist of Family and Suprafamilial Names for Extant Vascular Plants". Home page of James L Reveal and C. Rose Broome. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2013. Consultado o 17 de maio de 2012. 
  14. John Hutchinson The Families of Flowering Plants 3rd edition. 1973. Oxford University Press.
  15. Mark W. Chase et alii (42 autores). 1993. "Phylogenetics of seed plants: An analysis of nucleotide sequences from the plastid gene rbcL". Annals of the Missouri Botanical Garden 80(3):528-580.
  16. The Angiosperm Phylogeny Group (2003). "An update of the Angiosperm Phylogeny Group classification for the orders and families of flowering plants: APG II". Botanical Journal of the Linnean Society 141 (4): 399–436. doi:10.1046/j.1095-8339.2003.t01-1-00158.x. 
  17. Douglas E. Soltis; et al. (2007). "Monophyly and relationships of the enigmatic family Peridiscaceae". Taxon 56 (1): 65–73. 
  18. Mac H. Alford. 2007. "Samydaceae Arquivado 03 de agosto de 2020 en Wayback Machine.". Version 06 February 2007". In: The Tree of Life Web Project.
  19. Shuguang Jian, Pamela S. Soltis, Matthew A. Gitzendanner, Michael J. Moore, Ruiqi Li, Tory A. Hendry, Yin-Long Qiu, Amit Dhingra, Charles D. Bell e Douglas E. Soltis (2008). "Resolving an Ancient, Rapid Radiation in Saxifragales". Systematic Biology 57 (1): 38–57. PMID 18275001. doi:10.1080/10635150801888871. 
  20. Wortley, Alexandra H.; et al. (2005). "How Much Data are Needed to Resolve a Difficult Phylogeny? Case Study in Lamiales". Systematic Biology 54 (5): 697–709. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar