Maitena

artista arxentina

Maitena Inés Burundarena Streb, nada en Buenos Aires o 19 de maio de 1962,[1] é unha historietista arxentina. A súa obra céntrase nos sentimentos interiores do mundo feminino.[2]

Infotaula de personaMaitena
Biografía
Nacemento(es) Maitena Inés Burundarena Streb Editar o valor em Wikidata
19 de maio de 1962 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintora , artista de banda deseñada , escritora Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioMaitena Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Facebook: maitena.burundarena.9 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Maitena Burundarena naceu en Buenos Aires e criouse no conurbano bonaerense, na localidade de Bella Vista, xunto aos seus seis irmáns. O seu pai, Carlos Burundarena, foi ministro de educación durante a ditadura arxentina na década de 1980 e a súa nai, Janina Streb, era arquitecta.[3]

Maitena debuxou tiras eróticas para varias publicacións europeas, como Makoki, en Barcelona.[4] Na Arxentina, traballou en Sex Humor, Fierro, Hum® e Cerdos y Peces.[1]

Traballou tamén como ilustradora gráfica en revistas e xornais arxentinos, ademais de editoriais especializadas en libros de texto. Foi tamén guionista televisiva e propietaria de bar e de restaurante.[1]

A súa primeira tira, Flo, foi publicada en Tiempo Argentino, xornal de Buenos Aires. A súa obra foi recompilada nun libro titulado Y en este rincón, las mujeres.[5]

Mujeres Alteradas editar

En 1993, a revista feminina arxentina Para Ti propúxolle que fixese unha páxina de humor semanal. Esta foi a orixe de Mujeres Alteradas, que foi traducida a diversas linguas.[1] Foi posteriormente recompilada en cinco libros, que venderon 150 000 exemplares só na Arxentina.[1]

Superadas editar

Entre 1998 e 2003, Maitena tamén publicou unha serie diaria na sección de humor de La Nación baixo o nome de Superadas.[5] A banda foi publicada en varios xornais internacionais. Contra finais de 2002 recompiláronse nun libro titulado Superadas 1.[6]

En xuño de 2003, Maitena comezou a publicar a banda dominical Curvas peligrosas en La Nación.[5]

Vida privada editar

Maitena é de orixe vasca (maitena significa "a máis querida" en éuscaro) por parte de pai e polaca por parte de nai.

Maitena casou en dúas ocasións e ten tres fillos, dous co seu primeiro marido e un co segundo, Daniel Kon: Amaya Bouquet (1979), Juan Pablo Bouquet (1982) e Antonia Kon (2000).[7] Entre os anos 2000 e 2012 residiu en La Pedrera (Uruguai), mais posteriormente regresou á Arxentina.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mujeres alteradas, de Maitena (2002) Arquivado 22 de xullo de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)
  2. Comiqueando, #47, September 2001 (en castelán)
  3. Más allá del género: Acerca del mundo de Maitena Burundarena Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. por Héctor D. Fernández L’Hoeste (en castelán)
  4. Maitena, libros y obras Lecturalia (en castelán)
  5. 5,0 5,1 5,2 "Comic creator: Maitena". Lambiek.net. 25 de marzo de 2011. Consultado o 12 de febreiro de 2013. 
  6. Maitena. "Superadas 1". Open Library. Consultado o 12 de febreiro de 2013. 
  7. Maitena Burundarena Streb My Ancestors and Relatives. Consultado o 30 de xaneiro de 2015.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar