Maggie Lena Walker (de solteira Mitchell), nada en Richmond (Virxinia) o 15 de xullo de 1864 e finada na mesma cidade o 15 de decembro de 1934 foi unha mestra e empresaria estadounidense. Walker foi a primeira muller afroamericana que dirixiu un banco e actuou como presidenta nos Estados Unidos.[1] Como líder, alcanzou o éxito coa súa idea de facer mellores tanxíbles na forma de vida das mulleres e dos afroamericanos. Discapacitada pola parálise e recluída nunha cadeira de rodas ao final da súa vida, Walker tamén se converteu nun exemplo para as persoas con discapacidade.

Infotaula de personaMaggie L. Walker

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xullo de 1867 Editar o valor em Wikidata
Richmond, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte15 de decembro de 1934 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Richmond, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbanqueira , sufraxista Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Draper-3806 Find a Grave: 9104631 Editar o valor em Wikidata

A casa restaurada de Walker no barrio histórico de Jackson Ward en Richmond foi designado como National Historic Site.

Traxectoria editar

Infancia editar

Segundo o material biográfico de que dispuña, Walker naceu como Maggie Lena Mitchell en Richmond, Virxinia, filla de Eccles Cuthbert e Elizabeth Draper Mitchell dous anos e dous días despois do final da guerra civil estadounidense. A información do censo, así como un fragmento dun diario, din que tiña catro anos cando a súa nai casou en maio de 1868 con William Mitchell, co que a data de nacemento sería 1864 ou 1865.[2]:1 A súa nai era unha antiga escrava e axudante de cociña na mansión de Church Hill de Elizabeth Van Lew, que fora espía en Richmond (capital confederada) para a Unión durante a guerra e posteriormente foi xefa de correos na cidade. O seu padrasto era mordomo[2]:1–2 e o seu pai biolóxico un soldado confederado e escritor para o New York Herald durante a posguerra.[3]

A familia Mitchell mudouse ao seu propio fogar en College Alley preto da casa de Miss Van Lew, onde Maggie e o seu irmán Johnnie foron criados.[2]:2 A casa estaba preto da Primeira Igrexa Baptista Africana que, como moitas igrexas negras da época, era un centro económico, político e social para a comunidade negra local.[2]:3 Despois da morte de William Mitchell, a nai de Maggie apoiou a súa familia traballando como lavandeira. A moza Maggie asistiu ás novamente creadas Richmond Public Schools e axudaba a súa nai repartindo a roupa limpa.

Liderado editar

Cando tiña catorce anos, Maggie uniuse ao consello local da Independent Order of St. Luke. Esta sociedade, establecida en 1867 en Baltimore, Maryland, traballaba cos enfermos e as persoas de idade avanzada, promovía causas humanitarias e animaba á autoaxuda e a integridade individual. Ela traballou en numerosos postos con responsabilidades cada vez máis grandes na Orde, como delegada da convención bianual ou no posto principal de Right Worthy Grand Secretary en 1899, en que estivo ata a súa morte.

Empresaria e banqueira editar

En 1902, publicou un xornal para a organización, The St. Luke Herald. Pouco despois, dirixiu o St. Luke Penny Savings Bank. Walker foi a primeira presidenta do banco, que lle valeu o recoñecemento como a primeira muller afroamericana que dirixiu un banco nos Estados Unidos.[4] A dirección do St. Luke Penny Savings Bank tamén incluía outras mulleres.[5] Posteriormente, Walker aceptou servir como xefa do cadro de directores cando o banco se fusionou con outros dous bancos de Richmond para converterse en The Consolidated Bank and Trust Company.

Walker recibiu un grao honorario pola Virginia Union University en 1925.

Legado editar

 
Maggie Walker High School, Richmond

En honra de Walker, as Richmond Public Schools construíron un grande instituto de ladrillos xunto á Virginia Union University. O Maggie L. Walker High School foi unha das dúas escolas desta área para os estudantes negros, durante o período de segregación racial nas escolas; a outra era o Armstrong High School. Despois de varias xeracións de estudantes que pasaron os seus anos de instituto aló, foi totalmente remodelado para a súa reapertura en 2001 como o Maggie L. Walker Governor's School for Government and International Studies rexional.

O St. Luke Building era a sede das oficinas da Independent Order of St. Luke, e o despacho de Maggie L. Walker. Ata polo menos 1981, o despacho de Walker foi conservado como estaba no momento da súa morte en 1934.[6] O edificio foi incluído no National Register of Historic Places en 1982.[7]

 
Maggie L. Walker National Historic Site, Richmond

O Servizo de Paques Nacionais dirixe o Maggie L. Walker Historic Site na súa antiga casa en Jackson Ward. En 1978 a casa foi designada Lugar Histórico Nacional e foi aberto como museo en 1985. O lugar afirma que "conmemora a vida dunha progresista e talentosa muller afroamericana. Logrou o éxito nos negocios e nas finanzas como a primeira muller dos Estados Unidos que dirixiu e presidiu un banco, a pesar de moitas adversidades. O lugar inclúe un centro de visitantes que detalla a súa vida e a comunidade de Jackson Ward en que viviu e traballou e a súa residencia durante trinta anos. A casa está restaurada para a aparencia que tiña en 1930 con pezas orixinais da familia Walker."[8]

Walker foi honrada no primeiro grupo de Virginia Women in History en 2000.[9] Tamén foi incluída no Junior Achievement U.S. Business Hall of Fame en 2001.[10]

O 15 de xullo de 2017, inaugurouse unha estatua de Walker deseñada por Antonio Tobias Mendez en Broad Street en Richmond.[11] A estatua de brocne de 3 metros[12] mostra unha imaxe de como vivía, coas súas lentes sobre a solapa e un talonario de cheques na man.

Familia editar

Walker deu clases na escola durante tres anos ata 1886, cando o 14 de setembro dese mesmo ano, casou en Richmond con Armstead Walker, Jr. (1860–1915), contratista de ladrillos. Armstead obtivera unha boa posición, e ela puido deixar as clases para coidar a súa familia e traballar no Independent Order of St. Luke, que fundara en 1903. Maggie e Armstead compraron unha casa en 1904 e tiveron catro fillos, Mary Polly Walker (1885–1967), Russell Eccles Talmadge Walker (1890–1923), Armstead Mitchell Walker (1893–1894) e Melvin DeWitt Walker (1897–1935).

O 20 de xuño de 1914, o fillo de Maggie, Russell Walker, de vinte e cinco anos, disparou e matou o seu pai, Armstead, tras confundilo cun ladrón, a quen ambos estaban buscando. Russell foi arrestado e acusado de homicidio e despois de cinco meses esperando polo xuízo, foi declarado inocente.

A perda deixou a Maggie ao mando dunha gran propiedade. O seu traballo e investimentos deixou a súa familia ben situada. Cando os seus fillos casaron, levaron as súas esposas a vivir ao 11012 East Leigh Street, casa dela no distrito de Jackson Ward en Richmond, centro dos negocios e da vida social afroamericana de Richmond no comezo do século XX.

Russell, no entanto, nunca se recuperou do incidente e despois de oito anos loitando contra a depresión e o alcoholismo, morreu o 23 de novembro de 1923.[13]

Notas editar

  1. "Early Women in Banking," Maggie L. Walker National Historic Site, National Park Service, última actualización o 15 de novembro de 2019
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Marlowe, Gertrude Woodruff (2003). A Right Worthy Grand Mission: Maggie Lena Walker and the Quest for Black Economic Empowerment. Howard University Press. ISBN 0882582119. 
  3. ""Find A Grave" - Pvt.Eccles William Max Cuthbert". Find A Grave. Consultado o 16 de novembro de 2019. 
  4. Tonya, Bolden (3 de xaneiro de 2017). Pathfinders : the journeys of 16 extraordinary Black souls. New York. pp. 53. ISBN 9781419714559. OCLC 928751148. 
  5. Berry, Daina Ramey (2020). A Black women's history of the United States. Gross, Kali N., 1972-. Boston. ISBN 978-0-8070-3355-5. OCLC 1096284843. 
  6. Virginia Historic Landmarks Commission Staff (abril de 1981). "National Register of Historic Places Inventory/Nomination: St. Luke Building" (PDF). Virginia Department of Historic Resources. 
  7. "National Register Information System". National Register of Historic Places. National Park Service.
  8. "Determined Spirit," Maggie L. Walker National Historic Site, National Park Service, última actualización o 28 de febreiro de 2020
  9. "Virginia Women in History 2000 Maggie Lena Mitchell Walker". Consultado o 13 de decembro de 2016. 
  10. Congressional Record--Extensions of Remarks (April 26, 2001), page E646 "https://www.congress.gov/crec/2001/04/26/CREC-2001-04-26-pt1-PgE646.pdf".
  11. Rosenwald, Michael S. (14 de xullo de 2017). "The first woman to start a bank — a black woman — finally gets her due in the Confederacy's capital". Washington Post. Consultado o July 18, 2017. 
  12. Estatua
  13. "Maggie Lena Walker (1864–1934)," contribución de Muriel Miller Branch, Encyclopedia Virginia, Virginia Humanities, publicado o 12 de abril de 2010, última modificación o 20 de xaneiro de 2020; OCLC 957340568 (consultado o 13 de abril de 2020)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar