Magaluf

localidade na illa de Mallorca, Espanha

Coordenadas: 39°20′25″N 2°32′17″O / 39.34028, -2.53806

Magaluf é unha localidade turística española situada no termo municipal de Calvià, na illa balear de Mallorca. É fronteiriza ao norte coa zona residencial Sa Porrassa, ao leste coa localidade turística de Palmanova, ao oeste coa zona residencial Sol de Mallorca e, ao sur coa baía de Magaluf e o seu illote, o coñecido como Sa Porrassa. A súa poboación en 2013 era de 4.363 habitantes.

Costa de Magaluf

No seu interior áchanse unhas vellas salinas coñecidas como «Ses Salines des Salobral», xa desecadas case por completo. Tamén é un dos núcleos de poboación que forman parte do armazón do Paseo Calvià, un paseo peonil ao que se considera como o «Pulmón verde» do municipio.

A localidade consiste nun complexo turístico que contén unha praia de 1.600 metros de longo por sesenta de ancho.[1] Posúe un centenar de hoteis, hostais e apartamentos, ao redor de douscentos bares, restaurantes, tendas e clubs nocturnos. Aproximadamente o 95% dos seus visitantes son de orixe británica,[2] sendo o resto de diversas nacionalidades, con maior porcentaxe de escandinavos. Ao ser unha zona con ampla actividade lúdica e musical durante a noite, existe afluencia de visitantes de orixe irlandesa, procedentes da localidade turística de Santa Ponça, e tamén desde a súa veciña Palmanova.

Notas editar

  1. "Playa de Magaluf" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2009. Consultado o 19 de xuño de 2019. 
  2. Zettagroup. "Magaluf Tourist Information" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2019. Consultado o 19 de xuño de 2019.